El Correo Gallego

Noticia 28 de 317 noticia anterior de Ourense-Capital do Termalismo Especiales » Ourense-Capital do Termalismo

Nace a "Ourense Strade Termal", a primeira proba cicloturista de España

A cita do 15 de abril conta cun percorrido de 103 quilómetros pola Baixa Limia

Manuel Baltar, esquerda, xunta a Óscar Pereiro - FOTO: ecg
Manuel Baltar, esquerda, xunta a Óscar Pereiro - FOTO: ecg

ECG   | 28.03.2018 
A- A+

Ourense. A comarca da Baixa Limia será escenario do Ourense Strade Termal, a primeira proba cicloturista que se desenvolve en España e que terá lugar o día 15 de abril, cun percorrido de 103 quilómetros entre os concellos de Lobios e Muíños. A presentación desta iniciativa foi onte no Pazo Provincial, acto no que participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o exciclista, Óscar Pereiro; os alcaldes de Lobios e Muíños, María del Carmen Yáñez e Plácido Álvarez; o director xerente de Caldaria, Javier Soto; o xerente de Mitsubishi-TAR, Juan López; o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez; e o director técnico do evento, Serafín Martínez.

Manuel Baltar destacou que esta cita "vincula á provincia de Ourense co turismo deportivo e coa promoción cultural, termal e natural do noso territorio", remarcando que esta proba cicloturista desenvolverase "nunha zona da provincia, a Baixa Limia, con innumerables atractivos para ser visitada, un evento que será un motivo máis para vencellar a Ourense con ese ecosistema de turismo deportivo que presentamos, da man do Inorde, na pasada edición de Fitur en Madrid".