El Correo Gallego

Noticia 20 de 353 noticia anterior de Ourense-Capital do Termalismo Especiales » Ourense-Capital do Termalismo

O presidente do Centro Galicia de Bos Aires visita a Baltar

REDACCIÓN   | 05.10.2018 
A- A+

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu onte no pazo provincial ao presidente do Centro Galicia de Bos Aires, José María Vila Alén, acompañado do secretario desta entidade, Cristian Moares, e da secretaria da Federación de Asociacións Galegas de Arxentina, Lorena Lores.

Na reunión analizaron as actividades que se van desenvolver na capital arxentina o vindeiro mes de novembro con motivo da entrega do premio Ourensanía ao Centro do Partido do Carballiño e ao Centro Ourensano de Montevideo, un galardón que o xurado ditaminou conceder ás dúas institucións "por promover a ourensanía na colectividade galega de ambos países".

O Centro Galicia de Bos Aires é a entidade con maiores posibilidades en canto a infraestruturas para desenvolver o importante acto que reunirá na capital bonaerense as colectividades da emigración ourensá de Bos Aires e Montevideo, actividade que terá lugar o 11 de novembro, conmemorando o Día da Ourensanía no Río da Plata.

O programa inclúe tamén visitas ao Centro do Carballiño en Bos Aires e ao Centro Ourensano de Montevideo.