El Correo Gallego

Noticia 7 de 343 noticia anterior de Ourense-Capital do Termalismo Especiales » Ourense-Capital do Termalismo

Ron Carter, unha das máximas figuras do jazz, no Principal de Ourense o día 10

Manuel Baltar, flanqueado por Jacobo Sutil, esquerda, e David Lago, onte na presentación. - FOTO: ECG
Manuel Baltar, flanqueado por Jacobo Sutil, esquerda, e David Lago, onte na presentación. - FOTO: ECG

ECG   | 01.11.2018 
A- A+

MÚSICA O jazz do lexendario Ron Carter (Míchigan, 1937), unha das máximas figuras, chegará a Ourense o 10 de novembro, no marco do ciclo Galicia Importa, ofrecendo por primeira vez en Galicia, no Teatro Principal de Ourense, o seu concerto Foursight Quarter. A presentación do evento, que conta coa colaboración da Deputación de Ourense, tivo lugar onte no Centro Cultural Marcos Valcárcel, coa participación do presidente provincial, Manuel Baltar; o director da Agadic, Jacobo Sutil, e o promotor e organizador do ciclo, David Lago.

Manuel Baltar destacou que Ourense "terá a oportunidade de ver en directo a unha das lendas do jazz con maiúsculas", e lembrou o éxito do ciclo Galicia importa, impulsado pola Xunta a través da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), "un evento consolidado que trae a Galicia recoñecidos artistas internacionais nun formato especial, máis próximo ao público".

Apuntou que Ron Carter "posúe o Guinness como o baixista de jazz con máis gravacións, e aínda hoxe percorre os escenarios do mundo".