25 Xullo 2021
25X

A Universidade en tempos difíciles

Pilar Bermejo Barrera / Académica de la RAGC

  • 24 jul 2021 / 19:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Agradézolle a El Correo Gallego que me ofreza esta oportunidade para escribir neste suplemento especial do noso Día de Galicia e para facer unha reflexión sobre o que vivimos este ano nas nosas universidades. Nestas últimas semanas de xullo, que é cando acaba o curso 2020-21, podemos dicir que conseguimos desenvolvelo cunha certa normalidade, cunha importante porcentaxe de presencialidade nas nosas aulas e laboratorios, o que sen ningunha dúbida significou que os nosos alumnos e alumnas recibiron unha formación moito mellor que a do curso anterior.

Foi moi complicado, xa que a situación, sempre incerta e cambiante, obrigou a un cambio continuo para irnos adaptando ás normas de cada momento. Con todo, a boa planificación e xestión realizada desde os diferentes ámbitos fixérono posible. O reitor, o equipo de goberno, os equipos directivos dos centros e os departamentos, o profesorado, o persoal de administración e servizos... todos asumiron que era imprescindible facer un esforzo extra para sacar adiante este curso, pois como institución pública que somos debiamos conseguir a maior normalización da vida universitaria polo ben dos nosos estudantes, polo ben da nosa Universidade, e en definitiva polo ben de Galicia. Todos fixemos un esforzo suplementario, traballando sen horario e sen descanso durante moitas xornadas para alcanzar o noso obxectivo. Por suposto, o éxito non foi só do persoal da USC, senón de todos, porque sen o compromiso dos estudantes, non houbese sido posible.

Estabamos preparados para desenvolver o noso labor en tres escenarios diferentes. O escenario 1, a normalidade con presencialidade total; o escenario 2, un estadio mixto con actividade presencial e actividade en liña;, e o escenario 3, con toda a docencia en liña. Grazas á experiencia no curso anterior, ao esforzo organizativo antes indicado e aos investimentos realizadas nos centros para poder desenvolver a docencia en calquera modalidade puidemos adaptarnos a todas as situacións que se nos presentaron e desenvolver o curso satisfactoriamente.

Foi un curso perfecto? Non, por suposto que non, pero foi o mellor que puidemos facer nesta época complexa que estamos a vivir. O importante é seguir traballando e seguir formando aos estudantes o mellor posible, utilizando as ferramentas dispoñibles en cada momento. Poden quedar lagoas na súa formación, cousas que non se deron? Sen dúbida, pero iso non é tan transcendente. O importante é formar aos nosos estudantes para que dispoñan da capacidade suficiente para seguir aprendendo ao longo de toda a súa vida e para que se saiban defender nos momentos máis difíciles. Nese sentido, estes dous anos foron unha boa escola.

Por outra banda, debemos destacar tamén que a USC seguiu traballando intensamente en relación ás actividades de investigación e transferencia. Malia as dificultades polos problemas de aforamento nos laboratorios de investigación, seguiron desenvolvéndose os proxectos de investigación xa en marcha, expuxéronse novos proxectos, traballouse na mellora de infraestruturas e na procura de novos equipamentos, etcétera. A formación de novos doutores tamén continuou a bo ritmo.

Cómpre salientar que, ademais das liñas de investigación que estaban en marcha, a Universidade tamén deu un paso á fronte e púxose a traballar para axudar á saída desta crise. Temos científicos investigando o desenvolvemento de novas moléculas que faciliten o transporte das vacinas, novas vacinas máis eficaces ou vacinas que non precisen frío, a predición de novas ondas usando modelos matemáticos, a presenza do virus nas augas residuais, o desenvolvemento de métodos para a detección, etcétera, etcétera.

Como conclusión, gustaríame agradecer a todos os membros da comunidade universitaria que forman a Universidade de Santiago o traballo e o esforzo extra realizado durante este curso. Coido que estivemos ao nivel do que a sociedade espera de nós, mantivemos a nosa actividade contra vento e marea e, ademais, contribuímos á procura de solucións para saír desta crise sanitaria, económica e

Tema marcado como favorito