25 Xullo 2021
ULLO

Científicas galegas, xenios na sombra

Concepción González Bello / Profesora no departamento de Química Orgánica e Investigadora Principal no CIQUS. USC

  • 24 jul 2021 / 19:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Este é un Ano Santo «ben distinto», que desafortunadamente nos impide celebrar o día grande de Galicia, e moi especialmente o de Compostela, como sen dúbida o merece. Con rúas ateigadas de peregrinos, exhaustos, pero cheos de satisfacción e ledicia de ter visitado o apóstolo e Compostela. Expectantes de gozar da gastronomía galega e da amabilidade das súas xentes. Cunha praza do Obradoiro gustosa de acoller a camiñantes e turistas marabillados pola súa beleza.... Tendo en conta o acontecido no último ano, quero aproveitar este espazo que me brinda o Grupo Correo Gallego para destacar o papel tan sobresaínte da ciencia en xeral, e das científicas galegas en particular.

Pese ao impacto tan favorable que ten a ciencia no benestar da sociedade, desafortunadamente aínda non parece ocupar o lugar destacado que merece. Al menos non se aprecia na maioría das ocasións. As veces teño a impresión que a imaxe que transmite un científico é dunha persoa encerrada nun laboratorio. Facendo experimentos que ninguén entende. Sen saber porqué os fai. E moito menos sen comprender, o beneficio que vai proporcionar iso a humanidade.

Os científicos somos en parte responsables de este escenario. Durante anos non nos esforzamos en transmitir á sociedade os logros e avances acadados, que sen dúbida foron moitos. Prodigándonos pouco, ou incluso nada, nos medios de comunicación. Centrándonos principalmente en divulgar estes fitos en ámbitos específicos, entre colegas, en foros afastados do público xeral.

Afortunadamente, hoxe en día, grazas en gran medida ás redes sociais e internet, a situación virou radicalmente. Agora préstase moita atención a informar máis polo miúdo dos avances logrados. A pandemia por COVID-19 é un bo exemplo. De feito, o difícil agora é non estar informado..... as veces ata é un bombardeo de información que mete medo...

Esta desgraza que nos está tocando vivir puxo encima da mesa algo que os científicos tiñamos claro, «sen ciencia non hai futuro»..... Moita xente dime: «que importante é a ciencia, menos mal que estades aí..» pero a realidade é que «sempre estivemos aí», pero quizás na sombra.....

En menos dun ano desenvolvéronse moitas vacinas, baseadas en distintas formas de activar o noso mellor mecanismo de defensa, o sistema inmune. Validouse a súa seguridade e eficacia nun amplo grupo de idade. Ca axuda de todos os gobernos, todo isto logrouse en tempo record. Os resultados os temos enriba da mesa, basta lembrar as arrepiantes novas divulgadas polos medios de comunicación non fai moito. Aos poucos, a ansiada «normalidade» parece estar cada día mais preto.

Pero isto non foi un milagre, un golpe de sorte, senón o froito de investigacións durante anos, mais do que podamos entrever, e de moitos científicos. Estas permitiron ter «as ferramentas e o coñecemento» en todos e cada un dos eidos implicados no proceso, para acadar este ben tan apreciado hoxe en día. Somos a sociedade da última xeración... teléfonos móbiles, coches,.. último modelo, os mais rápidos, os mais equipados, ....non queremos outra cousa. Toda esa nova tecnoloxía é ciencia, nin mais nin menos.

No pasado a ciencia ten sido moi limitada ós homes. Os logros e as achegas protagonizadas por científicas foron pouco recoñecidas. As veces ata ignoradas. As galegas non foron alleas a este silencio. Un bo exemplo foi a bióloga galega Dona Ángeles Alvariño. Quizás unha das mais destacadas internacionalmente, e que leva o nome do barco que recentemente realizo o fito mundial de atopar o corpo da nena desaparecida nas illas Canarias. Foi a primeira científica a bordo dun barco de investigación británico. Traballou en diversos centros de investigación de México e Estados Unidos. Todos eles de gran prestixio internacional no eido da Oceanografía, a súa especialidade, nos que fixo contribucións pioneiras.

Por fortuna a visibilidade das científicas galegas foi mellorando co tempo. Neste sentido é de agradecer a aposta do Grupo Correo Gallego por poñer cara a ciencia en feminino, ca edición fai uns anos da obra investigadoras galegas. Elaborada pola xornalista Iolanda Casal, puidemos constatar as excelentes investigacións, que dende Galicia para o mundo, realizan as científicas.

Oxalá que pronto estas reflexións deixen de ser noticia. Está nas nosas mans que así sexa. Quererá dicir que as científicas xa non están na sombra. Porque a ciencia tamén avanza en feminino.

Tema marcado como favorito