Xela Arias

Siri e Alexa falarán en galego moi pronto

  • 18 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

plano dixital. Os dispositivos conversacionales Siri e Alexa falarán galego moi pronto. Esta lingua, á que se rende homenaxe cada 17 de maio, prepara o seu gran salto ao plano dixital e os asistentes de voz e as traducións automáticas son o obxectivo.

Interactuar en galego no mundo dixital ao mesmo nivel que os falantes doutras linguas é o principal obxectivo do proxecto Nós, liderado pola Xunta coa colaboración da Universidade de Santiago.

A iniciativa Nós: Intelixencia artificial ao servizo da lingua galega pretende evitar o risco que corren as linguas que non se incorporen á revolución tecnolóxica. O proxecto permitirá xerar e agrupar unha ampla variedade de recursos lingüísticos dixitais de calidade en galego, que serán gratuítos e en código aberto, de forma que poidan ser utilizados tanto por empresas como por institucións. Tamén favorecerá a creación de ferramentas como un sintetizador de voz, que permitirá a terceiros incluír nos seus produtos voces artificiais de alta calidade en galego, podendo escoller xénero e idade; un reconocedor de fala, posibilitando a interacción persoa-máquina ou a subtitulación automática, e un xerador de lingua natural, que converterá datos estruturados en oracións en galego, tanto textuais como orais. EFE

Tema marcado como favorito