Hemeroteca

O Concello aposta polos grupos musicais lucenses

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Xuventude, apoia aos grupos inscritos na Casa da Música e no censo municipal a través de diversas accións

    • 02 jun 2011 / 13:25
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    O Concello de Lugo, a través da Concellería de Xuventude, que dirixe a Concelleira en funcións Rosana Rielo, apoia aos grupos lucenses da Casa da Música e as formacións inscritas no censo municipal de grupos musicais. Nesta ocasión, son dúas as bandas da cidade que presentan neste fin de semana os seus novos traballos.

    A Concelleira de Xuventude en funcións, Rosana Rielo, destacou a gran calidade destes traballos, e animou a todos os lucenses a disfrutar dun fin de semana “moi músical”.

    Estréase hoxe, no Doble Moral a partir das 22.00 horas, David Taboada & Asociados, que presenta o seu novo traballo “Se nos fue de las manos” cunha primeira escoita privada. O primeiro concerto-presentación da xira será o sábado no Doble Moral a partir de media noite.

    Mañá venres, día 03 de xuño, será o turno de Arrhythmia, que fará a súa presentación oficial do proxecto “Directos No Estudio”, realizado pola banda xunto coas empresas lucenses Abrigueiro Estudios e HD Visual. Durante a presentación oficial, que se desenvolverá na Fundación Caixa Galicia a partir das 19.30 horas, presentarase a páxina web www.directosnoestudio.com (esta web albergará grabacións en directo en vídeo e audio das agrupacións musicais emerxentes, cunha alta calidade), e coa intervención das tres empresas locais que participan no proxecto. O concerto, que será gratuíto, terá lugar a partir das 23.30 horas no Doble Moral, onde tamén se poderá ver o DVD grabado polo grupo lucense. O seu disco poderá adquirirse por un prezo de tres euros.


    Arrhythmia

    Arrhythmia nace no ano 2006 en Lugo, consolidando a súa formación actual coa que levan xirando os últimos 4 anos, ofrecendo concertos ao longo e ancho de toda a xeografía española.

    Cada un dos sus membros reúne una ampla experiencia en escenarios, tanto cos máis de 60 concertos ofrecidos pola banda como nas súas formacións anteriores xa extintas.
     
    Arrhythmia acada no seu pouco tempo de vida metas como premios en concursos musicais, teloneos a grandes artistas internacionais (Fernando Saunders), eminencias do rock estatal como Rosendo Mercado (San Froilan 2010) ou a inclusión das súas melodías na banda sonora de “El diario de Carlota”, onde aporta o tema “Rockero” (pertenecente ao seu primeiro álbum).

    Respecto a súa discografía, a grabación da súa primeira maqueta “50 metros de roc&roll” no estudo de Lulu (Forraje), marcaría o punto de inflexión en canto a concertos se refire. A partir de abril de 2007, comenzan a dar conciertos en salas cada vez máis importantes, aparecendo en portais especializados e revistas, culminando esta etapa coa participación no seu primeiro festival “Muralla Rock”, teloneando a artistas como Santi Campillo, Saratoga, etc…

    Xa a finais do ano 2009, deciden dar o paso e grabar o seu primer LP “Para Cerrar Boca”, da man do productor nominado aos Goya, Arturo Vaquero, nos estudos da súa propiedade, Abrigueiro Estudios. A partir de Maio de 2010, comenzan a presentar o seu disco por toda a xeografía galega, en salas como MardiGras, Garufa, Clavicembalo, etc… En setembro de 2010, son chamados para telonear a Rosendo Mercado nas festas de San Froilan de ese mesmo ano.

    Actualmente, Arrhythmia atópase en proceso de composición do himno para o CB Breogán e diversos proxectos.

    http://www.wix.com/arrhythmia/arrhythmia 

    David Taboada  & Asociados

    Despois de ter sacado no ano 2008 o seu disco debut "Tal cual", que os levou a percorrer toda Galicia, resumen agora toda a súa experiencia destes anos nunha ducia de cancións que dan onde máis doe. Á fin e ó cabo o que lles vai labrando un nome a esta banda galega é a súa capacidade para engacha-lo público en directo cunha estrana combinación de frescura, forza e humor.

    Esa tradición tan súa de que o seus concertos acaben en auténticas festas nas que o respetable perde os papeis e remate cantando e bailando como se o foran prohibir, é o que os foi levando ata a sonoridade que presentan en este disco: funky, rock e o pop más excéntrico que teña sonado a este lado de Pedrafita.

    Guillermo Abraldes ó baixo, Iván Valdés na batería, Ledicia Escuredo ó saxo e o propio David na guitarra e a voz, defínense como unha banda de directo, e así o avalan os case que 200 bolos que os contemplan dende o nacemento do proyecto aló por 2003.

    Agora, David Taboada & Asociados presentan o seu novo traballo “Se nos fue de las manos”, segundo LP autoeditado da banda luguesa. Será hoxe, xoves 02 de xuño, cunha festa de primeira escoita, e o vindeiro sábado, pasada a medianoite no Doble Moral, co primeiro concerto da xira de presentación.

    http://www.davidtaboada.es 

    Tema marcado como favorito