O Correo de A Costa da Morte

Cee porá en xogo cinco mil seiscentos euros no concurso de disfraces

Terá lugar o día 25 de febreiro na Praza da Constitución despois dun desfile polas rúas

  • 08 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Cee. O Concello de Cee recupera o seu tradicional Entroido tras a pandemia, e o 25 de febreiro celebrará o concurso de disfraces no que repartirá un total de 5.600 € en premios nas distintas categorías.

A maior cuantía destinarase ás comparsas, con 925, 725, 600, 500, 400 e 275 € respectivamente para as seis primeiras clasificadas. Tamén se outorgarán 150 € para as que queden entre os postos sétimo e décimo. Entre as carrozas participantes repartiranse un total de 1.225 € para as tres primeiras clasificadas. Haberá, igualmente, premios individuais e para parellas.

O concurso está previsto para o sábado 25 de febreiro e o desfile comezará ás 16.30 h. preto da casa de cultura, percorrendo diversas rúas antes de rematar na Praza da Constitución, onde terá lugar a actuación final do concurso, que se trasladará ao pavillón en caso de mal tempo.

O prazo de inscripción comeza o luns 13 e poderá formalizarse na casa do Concello ata o 22. No caso de parellas, alomenos un dos participantes ten que ser maior de idade e para competir con disfraces individuais hai que ter 12 anos ou máis. Pola súa banda, as comparsas estarán compostas por, alomenos, quince membros e poderán participar persoas de tódalas idades tendo en conta que dez, como mínimo, deben ser maiores de idade. J. M. R.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.