O Correo de A Costa da Morte

Costa da Morte recibiu o ano pasado 600.000 € do Fondo de Compensación

  • 07 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

laxe. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o Concello de Laxe, acompañado polo seu alcalde, José Luis Pérez, para animar aos rexedores da comarca a solicitar as axudas do Fondo de Compensación Ambiental (FCA), destinado a apoiar ós concellos na mellora do medio natural. A Xunta destina máis de 11 millóns de euros a esta iniciativa, creada para distribuír o canon eólico en beneficio da conservación e restauración da contorna, así como do reequilibrio territorial. Esta convocatoria estará aberta ata o día 27 de febreiro.

Trenor lembrou que en Bergantiños e Costa da Morte a Xunta investiu en 2022 máis de 600.000 euros nos concellos de Cabana, Camariñas, Cerceda, Coristanco, Dumbría, A Laracha, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas para actuacións a prol da biodiversidade, do coñecemento dos recursos naturais, da recuperación da contorna e da eficiencia enerxética.

Trenor informou que hai dúas liñas de axudas: unha en concorrencia non competitiva, dotada con 6 millóns, e outra competitiva, á que se asignan 1,7 millóns de euros. A estas contías súmanse 3,5 millóns destinados á protección do medio: prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou de risco. REDACCIÓN

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.