O Correo de A Costa da Morte

Fisterra rehabilitará o polideportivo municipal cunha axuda da Deputación

  • 07 feb 2023 / 09:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Deputación da Coruña destinará 272.000 euros para financiar o proxecto de rehabilitación do polideportivo municipal de Fisterra. O presidente provincial, Valentín González, e o alcalde, José Marcote, asinaron o convenio polo que a Deputación aporta o 80 % do orzamento total, que ascende a 340.165 euros.

A execución dos traballos consistirán na renovación da cuberta, a estrutura e a fachada do pavillón para garantir a súa estabilidade no futuro e mellorar as súas condicións a fin de incrementar a súa durabilidade. O proxecto contempla o levantamento da cuberta e das fachadas metálicas, a limpeza e a colocación de proteccións da estrutura, o pintado con materiais de protección anticorrosión, a reposición do pavimento e da fábrica demolida, a colocación dunha nova cuberta e fachada metálicas e a instalación de novos canalóns e baixantes de pluviais.

“Con esta achega da Deputación vaise renovar completamente unha infraestrutura moi importante para o Concello de Fisterra, mellorando unhas instalacións moi utilizadas pola veciñanza e facilitando o acceso á práctica deportiva no municipio”, destacou o alcalde, José Marcote, que anunciou que axilizarán a licitación das obras para acometelas no menor tempo posible.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.