O Correo de A Costa da Morte

Iago Toba aspira a revalidar a alcaldía de Muxía para seguir “ao lado da xente”

  • 05 feb 2023 / 08:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O alcalde de Muxía, Iago Toba Campaña, presentou a súa candidatura para revalidar a alcaldía nun concorrido acto baixo o lema Contigo somos imparables, ao que se sumaron o secretario xeral do PSdG-PSOE e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; o secretario provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, alcaldes e concelleiros socialistas da Costa da Morte.

Iago Toba aproveitou para “dar grazas aos familiares, compañeiros e sobre todo aos veciños e veciñas por estar nos momentos mais duros desta lexislatura. Teño ilusión, teño ganas e teño forza para seguir traballando por Muxía e para dicirvos que non teñades ningunha dúbida que co voso apoio seremos imparables”, destacou.

Proxectouse ademais un vídeo no que algúns compañeiros de partido enviaron unha mensaxe de apoio e de forza para esta nova candidatura. Entre elas, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e varios alcaldes e alcaldesas da Costa da Morte.

Tras o anuncio da candidatura para a reelección tamén quixo lembrar que “xa demostramos nos momentos máis difíciles destes catros anos que sabemos estar ao lado da xente e que a pesar dos transfuguismos e dunha oposición destrutiva, sempre actuamos e pensamos en positivo, buscando o ben común e priorizando sempre unha cousa, Muxía”.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.