O Correo de A Costa da Morte

O Entroido muxián chega con obradoiros e premios

  • 03 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Trazo. O Concello de Muxía presentou a programación completa para o Entroido 2023, que inclúe opcións e actividades para todos os gustos e idades, desde concursos de disfraces, música ou obradoiros festivos para a conciliación ata o tradicional Enterro da Percebe.

A programación comezará o sábado 18 de febreiro, desde ás 17.00 h no paseo marítimo, coa Gala Concurso de Entroido que presentará a artista Tania Fuegho e que estará amenizada pola discoteca móbil CDC. Comezará ás 17.00 horas, e haberá seis premios de entre 150 e 25 euros para as categorías de disfraces adultos e pícaros –os interesados deberán inscribirse previamente, o mesmo día da gala, na mesa do xurado–, e de 900, 400 e 200 euros para as tres mellores comparsas (prazo ata o 16 de febreiro no concello ou sede electrónica). Xa para as xornadas do luns 20, martes 21 e mércores 22 de febreiro, están previstos os obradoiros de Entroido para favorecer a conciliación familiar nestas datas festivas. A actividade terá lugar en horario de 11.00 a 13.00 h e será preciso realizar unha inscrición previa no concello do 6 ao 15 de febreiro. As prazas para esta actividade son limitadas. E xa coma digno fin da edición deste Entroido típico da Costa da Morte, chegará o coñecido Enterro do Percebe, unha cita prevista para o mércores 22 de febreiro, e que comezará ás 17.00 horas. M.M.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.