Protagonistas
Francisco Díaz-Fierros

A crónica dunha morte anunciada do monte galego

Catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola

  • 21 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

É encomiable a perseverancia de Francisco Díaz-Fierros, catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola, no estudo dos incendios forestais en Galicia. Leva décadas achegando coñecemento sobre o asunto-problema-lacra e propoñendo solucións posibles. Di que avanzamos moito en técnicas de extinción pero case nada en prevención, e describe unha nova xeración de lumes, favorecidos polo cambio climático, que cando chegan a un determinado nivel de enerxía son invencibles. Conclusión: hai que evitalos porque non poderemos apagalos. A resposta debe ir máis alá da extinción: hai que ordenar os montes, non queda outra. A estas alturas, despois de tanto fracaso, un pregúntase se teremos que resignarnos e aceptar que en Galicia non somos quen de xestionalos e coidalos. Doe moito admitir que tantos informes foron unicamente crónicas dunha morte anunciada. x. c.

Tema marcado como favorito