Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Agenda cultural: ¿Qué hacer hoy, 9 de septiembre, en Santiago?

Unha das imaxes que compoñen a mostra de Ruth Massó

Unha das imaxes que compoñen a mostra de Ruth Massó / Cedida

Viaxe ao ‘bucle temporal’ da artista Ruth Massó

Esta tarde, entre ás 17 e as 20.30 horas pódese visitar na Galería Luisa Pita –Cardeal Payá, 9– O presente futuro, mostra pictórica da artista Ruth Massó. Unha pintora coñecida polo seu enfoque innovador e a súa habilidade para fusionar diferentes técnicas artísticas, con O presente futuro ofrécelle ao espectador unha proposta expositiva que convida a unha reflexión profunda sobre a temporalidade e a existencia. Massó crea paisaxes que visualizan a súa propia orixe tratando de levar o visitante a un bucle de tempo no que diferentes perspectivas temporais se funden entre si. A obra de Massó adoita enfocarse no azar e na experimentación, o que a converte nunha artista única “que logra socavar as pautas de representación enraízadas, e dá resultados sempre novos e inesperados”.

Presentación en Conxo de ‘A teoría da pedra’

Ás 19.30 horas a XXXVII Semana Cultural de Conxo acolle a presentación de A teoría da pedra, obra de Senén Peleteiro. Un recital poético no que o autor se fai acompañar polo músico Marcos Salazar á guitarra. Pero esta non é a única actividade de hoxe na semana cultural. Ás 18.30, Pura Seoane dirixe a actividade familiar ‘Visitamos a horta urbana 2’ e a esa mesma hora dá comezo tamén o Campionato de Tenis de Mesa, organizado coa axuda do clube deste deporte no barrio compostelán.

Peleteiro e Salazar na biblioteca pública

Peleteiro e Salazar na biblioteca pública / Cedida

Arrancan as visitas guiadas da VI edición da Semana Patrimonio Invisible

Na xornada de hoxe bota a andar a VI edición da Semana do Patrimonio Invisible, un evento cuxa inscrición se abriu o pasado venres e que en poucas horas esgotou as 702 prazas convocadas. Os máis afortunados poderán descubrir os segredos que agochan a Orde Terceira ou o cemiterio do Rosario, mirar con outros ollos o Teatro Principal e o observatorio da USC, ou descubrir as terrazas da Trisca e da Facultade de Historia.

Arrancan as visitas guiadas da VI edición da Semana Patrimonio Invisible

Arrancan as visitas guiadas da VI edición da Semana Patrimonio Invisible / USC

A identidade do barrio de Sar en 64 fotos instantáneas

A música rematou pero as actividades culturais do ciclo Folk na Beira do Sar continúan. Trátase da mostra fotográfica A ras do Sar, que permanece aberta na Colexiata de Santa María a Real até o 26 de setembro. Conta con 64 instantáneas de 32 membros de Fotoforum Compostela que poñen en valor as distintas identidades deste barrio compostelán. Pódese visitar hoxe de 10 a 14 horas e, pola tarde, de 16 a 18 horas.

Tracking Pixel Contents