Agenda cultural: ¿Qué hacer hoy, 23 de septiembre, en Santiago?

Unha das pezas da mostra 'Inner garden' / Cedida
‘Inner garden’, natureza en feminino na Dupla
A Galería Dupla (Fonte de Santo Antonio, 9) acolle dende o pasado xoves a mostra Inner garden, da artista Lula Goce, unha autora internacionalmente coñecida polo seu traballo como muralista e que nesta mostra achega á galería a súa pintura sobre lenzo. Na mostra destacan dous retratos femininos de grande formato rodeados dunha exuberante natureza, en referencia á dualidade entre a beleza humana e a natural. A exposición pode visitarse hoxe, en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas.
Gaza en 8mm, cinema para sensibilizar sobre a situación do pobo palestino
O ciclo de cinema palestino Gaza en 8 mm continúa hoxe coas súas proxeccións e faino co filme de Tarzan Nasser e Arab Nasser Gaza mon amour. A proxección será ás 20 horas no Salón Olivo do Hotel Eurostars Araguaney (rúa Alfredo Brañas, 5). A programación está organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas e a Deputación da Coruña coa meta de, a través do cinema, xerar diálogo sobre a crise humanitaria en Gaza.

Gaza en 8mm, cinema para sensibilizar sobre a situación do pobo palestino / Cedida
Primeiro libro de ensaio de Yolanda Castaño
Hoxe ás 11 horas, o Pazo de San Roque acolle a presentación do libro 'Economía e poesía: rimas internas', da autora Yolanda Castaño e Premio Ramón Piñeiro de Ensaio. Neste seu primeiro ensaio, a poeta amosa “unha grande capacidade para abrir debate arredor dun elefante na habitación: a profesionalización do mundo cultural e a necesidade de dignificar as e os traballadores da palabra en xeral, e da poesía, en particular, con remuneracións acordes ao valor do seu traballo”. Un ensaio que establece diálogo para interpelar sobre o xusto pagamento. Na presentación, acompañan a autora o secretario xeral de Lingua, Valentín García; o director xeral de Caixa Rural Galega, Jesús Antonio Méndez; e o director xeral de Galaxia –que edita o volume–, Xosé Manuel Soutullo.

Imaxe promocional de 'Economía e poesía: rimas internas' de Yolanda Castaño / Galaxia
Poñendo a mirada nas mulleres do mundo artístico
O claustro alto do Colexio Fonseca acolle a mostra Miradas. Mulleres na arte, de Elsa Martínez. Un compendio de 41 retratos de mulleres artistas (pintoras, escultoras, actrices e escritoras), de entre os séculos XVI e XX, realizados empregando diversas técnicas, dende o acrílico ao colaxe pasando polo lapis, a acuarela ou a plastilina. A exposición, de acceso libre e gratuíto, pódese visitar hoxe de 11 a 14 horas e de 17 a 20.30h.
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Santiago encara un nuevo día sin autobuses urbanos en pleno temporal: los piquetes impiden salir a los servicios mínimos
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- No es spam: todo lo que debes saber del mensaje masivo del Sergas y el virus respiratorio sincitial
- Santiago contará con dous novos radares: un estable no Restollal e un novo no túnel do Hórreo