Agenda cultural: ¿Qué hacer hoy, 20 de octubre, en Santiago?

Regresa ao Salón Teatro a peza do centro dramático ‘Terceiro acto’ / Cedida
Regresa ao Salón Teatro a peza do centro dramático ‘Terceiro acto’
Os actores César Cambeiro, Belén Constenla, María Costas, César ‘Goldi’ e Fernando Moran danlle vida ás personaxes de Terceiro acto, a peza do Centro Dramático Galego (CDG) escrita e dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez. Agora, Terceiro acto está de volta no Salón Teatro (rúa Nova, 34) e hoxe é a ocasión para gozar desta función "cómica e sombría". O pase é ás 18 horas e as entradas, a 6 euros, poden mercarse na billeteira do Salón Teatro ou tamén a través de ataquilla.com.
Última xornada máxica do festival ‘Encantos de Compostela’
A maxia despídese de Santiago cunha chea de actividades, dende a actuación solidaria do Mago Paco na Sala Andrea do CHUS á clausura, ás 20h., con Maxia de cerca e Sara Rodríguez na sala Sangiovanni Lorenzo -Ponte de San Lázaro, 7-. Cómpre reservar entrada aínda que o custo é de cero euros. Haberá tamén obradoiros e maxia familiar nos CSC de Marrozos, Carballal e Conxo.
Galicreques di adeus á edición deste ano premiando a Tatán
O Festival Internacional de Títeres Galicreques chega hoxe ao seu último día nesta 29ª edición. O gran protagonista da xornada vai ser o titiriteiro Eduardo Rodríguez Cunha ‘Tatán’ da compañía Tanxarina. Recibirá no Teatro Principal o Premio Galicreques 2024 "en homenaxe á súa traxectoria". Un evento para o que se contará coa presenza da alcaldesa Goretti Sanmartín e outros membros da Corporación local. A continuación a compañía francesa Kazu escenificará nas táboas, ás 20h., a peza Signe diesel, que pecha Galicreques 2024.

'Tatán' R. Cunha / Cedida
Mostra ‘Xaquín Marín, humor líquido galego’
O pasado venres inaugurouse no Auditorio de Galicia (avenida Burgo das Nacións) a mostra Xaquín Marín, humor líquido galego que pode visitarse hoxe de 10 a 14h. e de 16 a 20h. Unha exposición que trata de amosar unha selección de pezas do debuxante que abranguen os máis de sesenta anos de profesión do humorista gráfico.
'La habitación de al lado' na Numax
Cine Numax proxecta estes días a última e aplaudida creación do director manchego Pedro Almodóvar. Protagonizada por Julian Moore e Tilda Swinton, La habitación de al lado narra un reencontro "nunha situación extrema". Hai pases ás 15.45 h. (5 euros) e ás 19:55 h. (6 euros).

'La habitación de al lado' na Numax / Cedida
Sumrrá actúa esta noite na Casa das Crechas
A banda de jazz Summrá volve esta noite, ás 21 horas, á súa casa que é Casa das Crechas (Vía Sacra, 3). O trío integrado por Xacobe Martínez Antelo -contrabaixo-, Manuel Gutiérrez -piano- e L.A.R. Legido -batería-, definiuno o crítico Cándido Querol como "o máis innovador da escena española. A entrada para asistir ao concerto ten un custo de 10 euros.
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- Evitas el estrés del aparcamiento': el proyecto de dos vecinos de Milladoiro para compartir coche en los trayectos a Santiago
- Susto en la urbanización teense de Augas Mansas por un vecino atrincherado en casa
- La patronal acepta la mediación pero de momento la huelga de buses se mantiene en Santiago
- Borrasca 'Ingrid': ¿Nevará en Santiago de Compostela este viernes?
- La alerta roja se desactiva en A Coruña: breve tregua antes de la borrasca 'Ingrid', que traerá frío y nieve a 400 metros