Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Agenda cultural: ¿Qué hacer hoy, 29 de octubre, en Santiago?

'Society' de Brian Yuzna no Ciclo de Cinema Filosófico

'Society' de Brian Yuzna no Ciclo de Cinema Filosófico / Cedida

Santiago

‘Society’ de Brian Yuzna no Ciclo de Cinema Filosófico

Esta tarde, ás 18 horas, o Cineclube Mazarelos leva á Facultade de Filosofía o filme de 1989 Society, de Brian Yuzna. Unha coprodución de Estados Unidos e Xapón inserido no xénero body-horror. Esta película, que integra o Ciclo de Cinema Filosófico que organiza o cineclube, vai ser paresentada polo crítico e graduado en Historia pola Universitat de Barcelona, Javier Parra. A entrada é de balde até completar a capacidade do salón de actos da facultade.

‘Palabras para o noso tempo’ no Ateneo

A sede de Afundación (rúa do Vilar, 19) acolle ás 19.30 horas a presentación de Palabras para o noso tempo, unha compilación de 14 discursos do catedrático de Literatura galega e expresidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, editada por Alvarellos. O evento vai contar coa presenza do autor, a editora Olivia Rodríguez González, e Carmen Blanco Ramos, responsable da transcrición e gravación dos textos, e José Manuel González Herrán, vicepresidente do Ateneo de Santiago, entidade organizadora da presentación. Palabras para o noso tempo pretende reflectir a oratoria pública de Alonso Montero, pola que circulan figuras clave da cultura galega, o exilio ou o antifranquismo.

O autor, Alonso Montero, e a portada da obra

O autor, Alonso Montero, e a portada da obra / Cedida

O sindicalista de UXT Cándido Méndez visita Compostela

O exsecretario xeral de UXT, Cándido Méndez, presenta esta mañá no edificio Cersia (10.30 horas) o seu libro Por una nueva conciencia social. Un acto organizado por UXT Galicia que vai contar coa presenza do se secretario xeral, José Antonio Gómez. Ás 12, o presidente da Fundación Luís Tilve, José Benito Núñez, entregaralle a Méndez o premio da entidade ao Traballo Digno, en recoñecemento do seu "labor incansable na defensa dos dereitos dos traballadores".

O exsecretario xeral de UXT Cándido Méndez

O exsecretario xeral de UXT Cándido Méndez / Cedida

Mikel Herrán presenta na Lila ‘Sodomitas’

A Libraría Lila de Lilith (rúa Travesa, 7) acolle ás 19 horas deste serán a presentación da obra Sodomitas, vagas y maleantes de Mikel Herrán. O tamén artista drag, arqueólogo e youtubeiro (coñecido nas redes sociais como @PutoMikel) achégase a este espazo para falar sobre esta súa "historia da España desviada dende Atapuerca a Chueca".

Tracking Pixel Contents