Agenda cultural: ¿Qué hacer hoy, 4 de noviembre, en Santiago?

Exposición de Mayte Vieta no CGAC / Cedida
Exposición de Mayte Vieta no CGAC
Ata xaneiro de 2025 pode visitarse a exposición O son do mar de Mayte Vieta na primeira planta do CGAC. «Articulada como un refuxio do mundo exterior, expresa unha forma de felicidade complexa que contén sentimentos atopados de plenitude e de fuga. Ao sentimento de plenitude acompáñao unha estraña percepción de melancolía, unha especie de estupor ante a dimensión inconmensurable da natureza, que tanto nos acariña como nos oprime», sinalan os responsables da mostra.
As formas de ‘habitar’ Santiago, no Ateneo
Ás 19:30 horas o Ateneo de Santiago organiza no auditorio da rúa do Vilar, a conferencia titulada Diversas formas de habitar Santiago: cidade, territorio, paisaxe. Unha charla a cargo de Cristina García Fontán, profesora e investigadora na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. A conferenciante abordará os retos da cidade actual e as posibilidades de transformación «que permitan outras formas de habitar o territorio», tomando Santiago como caso de estudo. Cristina García Fontán analiza nas Diversas formas de habitar Santiago, «as oportunidades e limitacións da cidade ante desafíos coma o cambio climático, a crise enerxética, a calidade do aire e a vivenda».

As formas de ‘habitar’ Santiago, no Ateneo / Cedida
Numax anima a debuxar para celebrar o Día das Librarías
Numax anticípase á celebración do Día das Librarías e fai un chamamento a ilustrar este espazo e a súa vida diaria na semana previa. Desde hoxe ao sábado 9 de novembro en horario de atención ao público convidan a ir debuxar ao seu local. O propio día 11, Día das Librarías, exporán os traballos no escaparate. A actividade conta coa colaboración do grupo boSCQuejeros. Ademais, as persoas que merquen libros durante a xornada do luns 11 contarán cun desconto do 5% nas súas compras.

Numax anima a debuxar para celebrar o Día das Librarías / Cedida
O Samaín a través dos libros na Ánxel Casal
A celebración do Samaín é desta volta tamén a escusa da Biblioteca Pública Ánxel Casal para promover a lectura entre os máis cativos. Até o 9 de novembro pode visitarse e consultarse na sala infantil unha selección de libros con "historias terroríficas" e tamén outros para aprender curiosidades sobre esta festa e ideas para elaborar disfraces .
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia