Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

PLANES

Agenda cultural: ¿Qué hacer hoy, 27 de noviembre, en Santiago?

Literatura, cine ou ópera, entre as propostas culturais deste mércores en Santiago

Ópera contemporánea no Teatro Principal

Ópera contemporánea no Teatro Principal / Cedida

Santiago

Ópera contemporánea no Teatro Principal

O Teatro Principal acolle hoxe ás 20.30 horas a ópera contemporánea Pálido punto azul, unha peza composta por Javier Otero Neira e con libreto de Iria Azevedo. A obra toma como punto de partida a famosa fotografía capturada pola sonda Voyager 1 en 1990 a unha distancia de 6.000 millóns de quilómetros da Terra, unha petición de Carl Sagan e a derradeira imaxe do planeta antes de apagar definitivamente as cámaras. A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.

Juan Tallón asina exemplares de ‘El mejor del mundo’

O escritor Juan Tallón estará hoxe a partir das 18.00 horas na librería de El Corte Inglés para asinar exemplares da súa última novela El mejor del mundo. Ás 21.00 horas o colaborador de Prensa Ibérica, grupo editorial de EL CORREO GALLEGO, recollerá no Hostal dos Reis Católicos o Premio Novela Europea Casino de Santiago por Obra maestra. Ademais, a sala de Ámbito Cultural do centro comercial acolle ás 10.30 horas a presentación de Baixo o ceo de xeo, Premio Illa Nova de Narrativa 2024 de Adrián Pérez Bote.

Juan Tallón asina exemplares de ‘El mejor del mundo’

Juan Tallón asina exemplares de ‘El mejor del mundo’ / Cedida

Carlos Meixide presenta 'Tres irmáns'

A Casa do Taberneiro (Rúa de San Pedro, 15), acolle esta tarde (19.30h) a presentación da novela Tres irmáns' de Carlos Meixide. O escritor residente en Compostela estará acompañado pola tamén escritora Berta Dávila, coa que comparte o selo editorial Rodolfo e Priscila. En Tres irmáns, Meixide sitúa a narrativa na Comuna de París, que xa tocara na súa anterior obra 'Viva a Comuna!.

Proxectan un documental sobre a explosión do porto de Beirut

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas proxecta hoxe ás 20.00 horas no salón Olivo do hotel Eurostars Araguaney o documental Dancing on the edge of a volcano, dirixido polo libanés Cyril Aris. Enmarcado na mostra O Líbano en 8 mm, relata a historia da explosión non nuclear máis poderosa da historia, ocorrida no porto de Beirut o 4 de agosto do 2020. Deixou máis de 200 mortos e 6.000 feridos e transformou a cidade nun lugar moi parecido a unha zona de guerra debido á devastación.

Proxectan un documental sobre a explosión do porto de Beirut

Proxectan un documental sobre a explosión do porto de Beirut / Cedida

Obradoiro de bonecos de trapo na Ánxel Casal

A biblioteca Ánxel Casal acolle un obradoiro de bonecos de trapo ás 18.30 horas para nenos de 6 a 12 anos a cargo de O Faiado de Nin. Cada participante dará vida a unha personaxe de trapo, personalizándoa ao seu gusto. As persoas interesadas poden recoller a entrada no mostrador de información dende 30 min antes do comezo da actividade.

Tracking Pixel Contents