Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Agenda cultural: ¿Qué hacer hoy, 30 de noviembre, en Santiago?

Marina Reche

Marina Reche / Cedida

Santiago

A música en directo, protagonista do día con sete concertos

Santiago contará mañá con múltiples propostas de música en directo con ata sete concertos. O primeiro deles será o de A Banda do Poeta en sesión vermú no Pub Riquela ás 13h (gratis). O resto das citas serán nocturnas con Mega Purple Sex Toy Kit en Estudios Potemkin ás 21h (10 euros); GD Jazz Trío no Espazo Blue ás 21h (10 euros); El Coleta na sala Moon ás 21.30h (16,65 euros); The Spoonfuls no Rock Café o Cum ás 21..30h (entrada inversa); Doce Fuegos no Café Bar Arume ás 22h (entrada inversa); e Marina Reche en Capitol ás 22h (entradas esgotadas).

Última oportunidade para visitar exposicións en diferentes lugares

Hoxe será a última xornada de apertura de varias exposicións en diferentes puntos da cidade. A maioría delas poden verse na Biblioteca Ánxel Casal (de 10h a 14h), onde rematan Mulleres que contan (escritoras), O voo da curuxa de Minerva (literatura), Le monde sans fin (enerxía e clima) e Escoitar a ciencia (libros infantís de ciencia). Tamén finaliza Hospitalitas en San Martiño Pinario (de 10h a 20h) tras recibir máis de 125.000 visitas desde xuño e Ksado. Iconas de Galicia na Casa do Cabido (de 10 a 14 y de 17 a 21 h).

Acto de clausura de 'Hospitalitas'

Acto de clausura de 'Hospitalitas' / Cedida

A Fundación Andrea celebra a gala de Nadal

O Pazo de San Lorenzo acolle ás 20.30 horas a gala de Nadal da Fundación Andrea (na imaxe, a de 2023), na que conmemora 18 anos de traballo en favor dos nenos con enfermidades de longa duración. No ámbito solidario, tamén haberá concerto de tunos en La Salle en apoio aos afectados pola DINA ás 20h.

Cita para o público infantil no Teatro Principal

O Teatro Principal ofrece ás 18.00 horas a obra Compaña, para público familiar con entradas a 3 euros. Nela, unha personaxe solitaria en busca de compaña explora a imaxinación do público para dar vida a cada un dos seus pensamentos. Ademais, a oferta infantil do día tamén inclúe o contacontos Quen manda aquí de Chespir Teatro na Biblioteca Ánxel Casal ás 12h.

Xornada de reflexión sobre a imaxe no CGAC

Continúan no CGAC as xornadas de reflexión sobre a imaxe no marco do programa Novos Imaxinarios. Baixo a dirección de Miguel Ángel Delgado, cineastas e artistas galegas participan en charlas sobre comparten experiencias á hora de abordar diferentes temáticas nas súas obras. Os encontros deste sábado comezarán ás 10.00 horas.

Gala internacional no Museo da Maxia

O Museo de Maxia Kiko Pastur será programa unha gala internacional cos ilusionistas Jau, Iago e Santi ás 21.15 horas con entradas a un prezo de 15 euros. Os organizadores prometen «unha experiencia única e divertidísima onde a maxia farache soñar entre sorpresas, aderezadas con humor e a atmosfera máxica do museo».

Tracking Pixel Contents