Agenda cultural: ¿Qué hacer hoy, 30 de diciembre, en Santiago?

'Cuñados' na Alameda / Agapi
‘Cuñados’ na Alameda
O programa festivo da xornada de hoxe trae Luces, cámara... Nadal! Sesión de cine, ás 19.30 horas, na Carpa da Alameda na que se vai proxectar a película galega Cuñados. Producida por Portocabo e dirixida por Toño López, esta comedia está protagonizada por Miguel de Lira, Federico Pérez e Xosé Touriñán.
Aprender en familia cos talleres de xoias viquingas no Monte Gaiás
A Cidade da Cultura organiza nestas datas un Nadal viquingo, ao fío da mostra Unha vida viquinga. Dende as 18 ás 20 horas as familias poden participar dos obradoiros e aprender a facer tatuaxes con runas ou pintar e montar con cartolina un barco viquingo ou unha cabra de Yule –como chamaban ao Nadal os viquingos–. Os nenos de máis de 5 anos poden aprender a facer xoias: pulseiras, colares de doas e amuletos inspirados nos deseños e nas técnicas dos antigos pobos nórdicos.

Aprender en familia cos talleres de xoias viquingas no Monte Gaiás / Cedida
‘Lanzarote’ de Jesús Madriñán na Trinta
A Galería Trinta –Virxe da Cerca, 24– acolle até o 31 de xaneiro a mostra fotográfica Lanzarote, obra do artista santiagués Jesús Madriñán. Bodegóns elaborados con materiais autóctonos ou con residuos de turistas atopados na praia, conviven no proxecto con retratos monumentais tomados con cámara de gran formato analóxico. Madriñán utiliza aquí a fotografía analóxica de grande formato para reinterpretar e actualizar o retrato como xénero artístico. «A súa produción nace da subversión da fotografía de estudo para nutrirse do paradoxo derivado de empregar técnicas tradicionais (cámara de placas) en situacións espontáneas». A mostra pode visitarse de 12.30 a 14.30 e de 17.30 a 21 horas.

Unha das imaxes da mostra / Cedida
Nadal co Coro Encaixe no palco da música
Ás 17 e ás 20 horas o palco da música da Alameda o programa de Nadal do Concello convoca á veciñanza e participar da actividade ‘Estrelas e desexos’, recoller unha estrela de oito puntos e escribir ou debuxar nela os seus desexos. Un evento para convivir no que se repartirá chocolate con churros e que culmirá co concerto do Coro Encaixe.
NadalXogo, atraccións e actividades en Amio
O Recinto Feiral de Amio acolle o programa NadalXogo, propostas e actividades dirixidas á cativada de entre 6 e 12 anos coma os circuítos Ninja e de karts, o rocódromo,conos interactivos, camas elásticas, o xogo konecta, o futbolín, un inchable XXL e o inchable Merry Christmas. Pode visitarse polas tardes, de 17 a 20.30 horas. A entrada é de balde.
Baile tradicional na carpa da praza Roxa
A Carpa Roxa é hoxe o lugar ideal para aprender danza tradicional. O programa de Nadal do Concello trae ás 18.30 horas un obradoiro para dar os primeiros pasos e botar a tarde bailando. Está dirixido a todos os públicos e é de balde até completar as prazas (as inscricións poden facerse no 981543001). Os máis pequenos teñen obradoiros de manualidades na Carreira do Conde.
- Aire polar, temperaturas bajo cero y fuertes heladas: Galicia se prepara para un fin de semana gélido
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- El Ensanche celebra el plan para Santiago de Chile pero pide más aparcamiento: «Lo ideal es el modelo de Pontevedra»
- Oleada de robos: vecinos de Ames recurren a grupos de Whatsapp para avisar sobre «movimientos sospechosos»
- Rebelión a bordo: la flota de bajura inicia el lunes un amarre indefinido ante las duras normas que impone la UE
- El conflicto en los autobuses se encalla en la provincia de A Coruña y avanza hacia la huelga indefinida
- Cortado el tráfico en una de las calles de la milla de oro de Santiago
- Los taxistas presionan a Raxoi para que sancione a los VTC tras acumular ya más de cien infracciones