Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Axenda cultural: Que facer hoxe, 24 de marzo, en Santiago?

O Centro Empresarial do Tambre inaugura 'AlegrArte'

O Centro Empresarial do Tambre inaugura 'AlegrArte' / Cedida

Santiago

O Centro Empresarial do Tambre inaugura ‘AlegrArte’

Unha mostra de María José Rodríguez, cuxa apertura é hoxe ás 20 horas, permanecerá no centro empresarial até o 18 de abril. Alegrarte está composta por un total de 20 paisaxes, realizadas con técnicas de acuarela, acrílico e óleo e elementos de reciclaxe (teas, fíos e latas). O que a artista busca é «transmitir todo ao espectador», «sempre quero transmitir os valores universais que forman parte da miña maneira de ser, tamén pola miña formación pedagóxica”, sinala.

Percorrido pola obra de Xosé Vizoso na Cidade da Cultura

No vestíbulo da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, pode visitarse de 9 a 21 horas a mostra Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo. Inagurada poucos días antes do pasamento do artista mindoniense, esta exposición é un percorrido pola súa traxectoria creativa. Nela poden verse dende pezas realizadas para a factoría Sargadelos (na época de Isaac Díaz Pardo e posterior), carteis realizados para celebracións coma As San Lucas (Mondoñedo) ou Santa Minia (Brión) e outras obras.

Unha das creacións da mostra de Xosé Vizoso

Unha das creacións da mostra de Xosé Vizoso / Cedida

A carteleira do cine Numax, repleta de filmes oscarizados

O cine Numax (Concepción Arenal, 9) ofrece unha sesión vespertina repleta de películas recoñecidas na pasada edición dos Oscar e tamén noutros festivais europeos. Ás 16h. proxéctase Misericordia, de Aláin Giraude, mellor filme e guión da Seminci 2024; ás 18h. é a quenda para o Oscar 2025 a mellor filme de animación, Flow. Continúa no serán con Los Aitas, de Borja Cobeaga, ás 19.45h., unha historia de periferia obreira no Bilbao dos anos 80, e pecha a sesión deste luns coa oscarizada Anora (cinco premios da ademia).

Fotograma do filme de animación 'Flow'

Fotograma do filme de animación 'Flow' / Numax

Cine e educación a debate no Luns do Ateneo

Este Luns do Ateneo, ás 19.30 horas no local da rúa do Vilar (19) celebra unha mesa redonda enmarcada na IV Cineduca. Un debate con expertos da educación e do audiovisual para dirimir a importancia do cinema como ferramenta de transmisión de valores. Modera o debate Xosé Armas, profesor de Didáctica das Ciencias sociais na USC.

Tracking Pixel Contents