Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Agenda cultural: ¿Qué hacer hoy, 16 de abril, en Santiago?

A mostra que explora a historia da tatuaxe despídese do Gaiás

A mostra que explora a historia da tatuaxe despídese do Gaiás / Antonio Hernández

Santiago

A mostra que explora a historia da tatuaxe despídese do Gaiás

Tatoo, arte baixo a pel, que dende o outono pode visitarse no Museo Gaiás, despídese este domingo. Aqueles que aínda non descubriran este percorrido pola historia da tatuaxe nas distintas culturas e a obra de destacados tatuadores poden facelo até o domingo 20 de abril, en horario de 10 a 20 horas. Hoxe, de 17 a 18 horas, aínda se pode realizar a reserva para unha visita comentada cuxa entrada é de balde. Os menores «deberán estar sempre acompañados dun adulto».

Mércores Santo, o día da Procesión da Humildade

O programa da Semana Santa deste 2025 trae para este Mércores Santo a Procesión da Humildade, portada pola confraría do mesmo nome. Ás 21.30 horas é saída, da Igrexa de Santa María do Camiño –na rúa Travesa–. Coma cada ano o percorrido vai levar a Virxe pola cidade vella, percorendo as Casas Reais, Cervantes, o Preguntoiro e a Caldeirería, Tras Salomé, rúas Nova, de Xelmírez e da Conga, prazas da Quintana e de Praterías para logo a Estación de Penitencia xunto á Catedral, retornar á Santa María do Camiño.

Saída da procesión da Humildade en 2024

Saída da procesión da Humildade en 2024 / Antonio Hernández

Últimas funcións de ‘A burra, a mesa e o pau’ no Salón Teatro

O Salón Teatro -rúa Nova, 34- acolle até o domingo as últimas funcións de A burra, a mesa e pau. A obra, cuxa dirección e dramaturxia son responsabilidade da nova directora da Selic (Semana do Libro e da Lectura ), traza unha liña pasando por tres puntos: unha vida de esforzos, a loita obreira e unha esperanza teimuda en solucións máxicas. A función, que inicia ás 18 horas, conta cun amplo elenco, integrado, entre outros por Xúlio Abonjo, Xosé Manuel Esperante, Roberto Leal e Arantza Villar.

Últimas funcións de ‘A burra, a mesa e o pau’ no Salón Teatro

Últimas funcións de ‘A burra, a mesa e o pau’ no Salón Teatro / CDG

Alfredo Löb regresa ao Café Bar Arume

Alfredo Löb volve coa súa música ao Café Bar Arume, no número 4 da praza de Fuenterrabía. Löb trae o seu "bo rollo" e os seus temas de reggae e rock, unha vez para un directo con entrada inversa, é dicir, págase -se así se estima- ao final do concerto e a cantidade que cada quen considere. A actuación de Alfredo Löb dará comezo ás 21.30 horas.

Tracking Pixel Contents