Axenda cultural: Que facer hoxe, luns 13 de maio, en Santiago?

Mabel Loza, directora do Cimus de Santiago
Mabel Loza participa no festival Pint of Science
O festival internacional Pint of Science desenvólvese entre este luns e o mércores 15 de maio en Lugo e Santiago (no bar cafetería Alborada de Veiga), co fin de achegar a ciencia á sociedade da man do persoal investigador da USC.
A sesión deste luns titúlase Unha viaxe entre polos: da Antártida ao magnetismo, do tradicional ao tecnolóxico, e nela participan Alejandro Gómez Pazo (Universidade de León), Manuel Antonio González Gómez (iMATUS-USC), Eva Cernadas García ( CiTIUSUSC) e Mabel Loza García (CiMUS-USC).
O lema da sesión de mañá é Vendo o invisible para comprender o incognoscible: unha viaxe ao teu interior desde o diminuto ata a túa mente. O mércores debatirase sobre Arquitectura vital: Desde as moléculas e as neuronas ata o futuro das persoas.
Arranca un ciclo de concertos dirixidos a escolares e público adulto no CGAC

O contrabaixista compostelán Xacobe Martínez Antelo dirixirá o ciclo de concertos didácticos / Cedida
Ensemble Liberdade realiza este lunes e martes no Centro Galego de Arte Contemporánea un proxecto de residencia musical ao redor da idea da construción e da creación en proceso.
Os concertos, para público infantil e adulto, dirixidos por Xacobe Martínez, versarán dunha maneira amena, práctica e participativa sobre a escoita activa, as posibilidades ás que se afronta a composición contemporánea e os procesos de xuizo por parte dos oíntes.
Hoxe haberá dúas quendas para escolares, ás 10.30 e ás 12.00 horas. Mañá, o concerto para adultos comezará ás 20h.
Encontro-coloquio con Jaione Camborda na EOI
A Escola Oficial de Idiomas de Santiago, ubicada na rúa Ulpiano Villanueva, acolle esta tarde un encontro-coloquio sobre o cinema en galego e sobre O corno coa directora de cinema vasca Jaione Camborda, premio mellor filme Mestre Mateo pola película O corno, Cuncha de Ouro do Festival de Donostia pol mesma cinta e Goya a mellor actriz revelación para Janet Novás (O corno).
O encontro dará comezo ás 19.30 horas no salón de actos da EOI.

Jaione Camborda, guionista e directora de cine / CEDIDA
Conferencia esta tarde no Ateneo sobre Luísa Villalta
O Ateneo de Santiago adiántase á celebración do Día das Letras Galegas, o venres 17 demaio, cunha conferencia titulada Alta cidade de Luísa Villalta.
O acto, que terá lugar esta tarde ás 19.30 horas, contará coa intervención do escritor e crítico literario Xosé María Álvarez Cáccamo.
Profesor de ensino secundario dende 1973, ademais de poesía, ten publicados relatos breves, teatro e literatura infantil.
- Cierra una de las cafeterías más queridas de Bertamiráns: 'Nunca pensamos que chegaría este día
- Llegan las fiestas más internacionales de Compostela: 10 días, en lugar de 15, en aras de la 'calidad
- Las denuncias de los vecinos del Ensanche acaban con El Búnker: el Concello de Santiago decreta su cierre
- Dónde ver este martes el España-Francia del Mundial en Santiago: todas las pantallas gigantes
- Tres playas gallegas a menos de 2 horas de Santiago, entre las más bonitas de España este verano
- Susto por un incendio en el límite de Brión, Ames y Teo que se acercó a una aldea: 'Estuvo a unos 300 metros de las casas
- Atención si circulas por Santiago: esta céntrica calle permanecerá cortada hasta finales de agosto
- Netflix busca en Santiago figurantes para la tercera temporada de la serie ‘Animal’: estos son los requisitos que debes cumplir
