Axenda cultural: Que facer hoxe, 16 de outubro, en Santiago?

Un espectáculo de Galicreques / Cedida
Nova xornada do Galicreques
Continúa o Festival Galicreques con tres funcións para o público escolar e outras tantas para o público xeral.
As tres primeiras serán na Alameda e no CSC Santa Marta ás 11.30 horas, e no Teatro Principal ás 12h. As actuacións para público xeral serán ás 18h na Alameda e no CSC Fontiñas, e ás 20h no Principal.
Sesión con convidados no Cineclube
O Cineclube de Compostela acolle hoxe unha nova sesión especial con convidados, con ocasión da proxección de Os Saldos, a mestura entre documentario e western dirixida por Raúl Capdevila.
A sesión vai contar coa presenza do propio director e do produtor executivo Andrés Sanjurjo, e terá lugar no horario e lugar habitual, ás 21:30 na Gentalha do Pichel.
Charlas sobre IA no café Alborada de Veiga
DIVULGACIÓN. Continúan as xornadas sobre intelixencia artificial da man do Citius na Semana da CidadanIA.
Desta volta, o Café Bar Alborada de Veiga (Praza Pascual Veiga, 4, local 8) acollerá ás 20.00 horas tres charlas breves impartidas por investigadores predoutorais, nas que compartirán experiencias e descubrimentos relacionados coas súas teses.
O Ateneo Barroco pon o broche á súa sexta edición
FESTIVAL .O Festival Ateneo Barroco culmina hoxe a súa sexta edición cunha sesión de improvisación titulada Improvisacións Goldberg, que terá lugar na cervexaría Sindueña (Rúa Nova, 36).
A entrada será gratuíta ata completar aforo, con apertura ás 21.30 horas. A actividade ofrece unha nova perspectiva musical arredor das Variacións Goldberg de Johann Sebastian Bach, pechando un ciclo que explorou diversas interpretacións desta obra.
Protagonizada por Pablo Seoane (piano) e Pablo Rega (guitarra eléctrica), presenta a creatividade e liberdade artística como eixo central.
Concerto de Daydream Sessions no Modus
O Pub Modus Vivendi contará coa actuación de Daydream Sessions ás 21..00 horas. A banda protagonizará unha ‘jam sessions’ de funk, soul e jazz que tivo que ser adiada o pasado mércores polas malas condicións meteorolóxicas.
Trátase dun proxecto colaborativo que ten como base a agrupación formada por Sergio Abuín (guitarra e voz), Adrián Arias (teclados) e Jose Ángel Sánchez (batería).
Arrinca o Sisons Enclave Musical con actuacións de tres grupos
Abanca. A industria musical galega darase cita esta semana en Santiago co gallo do cuarto encontro SiSons Enclave Musical.

Os integrantes de Maghúa / Cedida
O evento comeza hoxe coas actuacións de Maghúa e os extremeños Sanguijuelas del Guadiana no Auditorio Abanca ás 18.30 horas.
Ás 21.30 horas continuará o programa con GDJAZZ Trío na Borriquita de Belem. As entradas son de balde con reserva previa.
O evento desenvolverase ata o sábado 19 con actividades relacionadas coa cultura e a música de Galicia, e doutras latitudes.
Obradoiro de chaveiros e broches na Ánxel Casal
A partir das 18.30 horas, a sala infantil da biblioteca pública Ánxel Casal organiza un obradoiro para nenos e nenas de 6 a 12 anos, no que os participantes elaborarán uns orixinais broches e chaveiros mini- libro mediante o uso de materiais como feltro, goma-eva, abelorios, lazos e apliques.
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- El pueblo gallego que reparte 20.000 raciones de callos este fin de semana: ideal para recorrer a pie, con catas gratis y cine al aire libre
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro
- Seis policías nacionales salvan la vida a una mujer tras una brutal agresión de su pareja en una vivienda de Santiago
- Contra el abandono del monte, cachenas: «Gestionan la vegetación para evitar que el incendio sea tan virulento»
- El Río Breogán vence al Monbus Obradoiro y se enfrentará al Leyma Coruña en la final de la Copa Galicia
- Fallece una mujer tras ser evacuada por una indisposición en el Monte Pindo, en Carnota
- Así es el asombroso pazo a 20 minutos de Santiago en el que se rodó 'Las hijas de la criada', la serie que ya arrasa con su estreno en Antena 3