‘Xente Marabillosa’ termina co tabú da sexualidade na vellez
Os cantantes da Panorama Fátima Pego e Lito Garrido serán os padriños do programa que se emitirá o vindeiro mércores ás 22.40 horas na Televisión de Galicia (TVG)

Os cantantes Fátima Pego e Lito Garrido, xunto a Lucía Rodríguez, no estudio de ‘Xente Marabillosa’ / TVG
Redacción
O programa Xente Marabillosa, que emite cada mércores pola noite a Televisión de Galicia (TVG), falará sen prexuízos a vindeira semana sobre as relacións e o desexo sexual na vellez, un tema rodeado de ignorancia e desinformación que Xente Marabillosa pretende axudar a normalizar.
Hai anos era moi difícil falar abertamente de sexo, pero hoxe non debe seguir habendo limitacións, vergoñas, recriminacións e negacións sobre a vida afectiva das persoas maiores.
Beneficios para a saúde
O sexo na terceira idade pode axudar a previr enfermidades cardiovasculares e diminuír o risco de problemas de hipertensión. Nos homes, ademais, pode axudar a reducir as probabilidades de cancro de próstata, xa que a actividade sexual fai aumentar o fluxo sanguíneo.
Pero o sexo non deixa de ser unha actividade física, polo que pode afectar positivamente o corazón, sobre todo ao mellorar o fluxo sanguíneo. Dita mellora do ritmo cardíaco pode reducir as probabilidades de sufrir problemas cardiovasculares, como taquicardias ou infartos de miocardio, así como reducir riscos de hipertensión.
Ademais, a práctica de sexo axuda a liberar un gran número de hormonas, como as endorfinas ou as hormonas do crecemento. Estas últimas afectan á pel, dándolle máis elasticidade e facendo que se vexa máis nova.
A presentadora de Xente Marabillosa, Lucía Rodríguez, recibirá no estudo a Eva Hermo quen, aos seus 65 anos, é unha muller activa que cre que o sexo é un elemento fundamental para sentirse realizada. Xunto a eles estarán dous padriños de excepción, Lito Garrido e Fátima Pego, que saben facer gozar a noite enteira a todas as xeracións. No seu caso, coa música.
Cámaras ocultas
Ademais, co obxectivo de naturalizar e normalizar o sexo nas persoas maiores, Xente Marabillosa preparou para este programa unhas incribles cámaras ocultas, nas que unha señora acode a unha parafarmacia coa súa filla para comprar un xel lubricante. Vaise de viaxe coa súa nova parella e quere estar preparada. Pero, en lugar de apoio e comprensión, a muller recibe reproches da súa filla. Por sorte, no mesmo establecemento hai dúas marabillosas persoas dispostas a defender á anciá, que serán recibidas no estudo para vivir unha experiencia única e chea de sorpresas.
A música, nesta ocasión, correrá a cargo de Iseo Agilda, vocalista do grupo Måi, e Lito e Fátima Pego, da orquestra Panorama, que pecharán o programa con broche de ouro.
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- Buena comida y gran ambiente en la primera Festa da Caza de Trazo
- Crónica social compostelana | Comida de confraternidad de la promoción del curso 1966-67 del Colegio La Salle
- Vecinos alertan de un nuevo altercado violento en el Ensanche compostelano
