‘Nin o imaxinas’ avanza as mellores festas do Carme e simula meteoroloxía extrema
O programa deste domingo, ás 22.45 horas, na Televisión de Galicia recrea o impacto dun furacán nas vivendas dunha torre de A Coruña ou dun tsunami na praia da Lanzada, no Grove

Alba Mancebo, presentadora de ‘Nin o imaxinas’ / CRTVG
Redacción
Hai quen di que o Carme é unha celebración exclusiva das zonas que teñen costa e que tan só a poden celebrar os homes e mulleres do mar. Pola contra, tamén hai quen defende que se pode celebrar no interior, pese a non ter mar. Este domingo, a partir das 22.45 horas, poderá verse en Nin o imaxinas, na TVG, que opinan en cada unha das zonas. Ademais, avanzarémoslles en que consistirán algunhas das mellores festas da Virxe do Carme que se celebrarán estes días en Galicia.
Ademais, grazas á realidade virtual tamén poderase ver como se vivirá un furacán nunha torre dunha gran cidade coma A Coruña e se recrearán outros fenómenos, como a simulación dun tsunami na praia da Lanzada, no Grove. O programa mergullarase tamén nas augas critaliñas das Illas Cíes para descubrir o mundo submarino que habita nelas.
A Virxe do Carme é, por excelencia, a virxe dos mariñeiros, mariños e, en definitiva, dos homes e mulleres do mar. Isto é, polo menos, o que aseguran en zonas de costa. O programa deste domingo visitará Camariñas para ver que é o que pensan.
Os reporteiros do Nin o imaxinas achegaranse tamén ata As Pontes de García Rodríguez, Vilaxoán de Arousa, Moaña, Burela, Marín e A Guarda para ver como é o día do Carme en cada un deses sitios. Prestaran especial atención a Camariñas e As Pontes de García Rodríguez, onde se xerou unha verdadeira confrontación entre os defensores do Carme costeiro e os que defenden que o Carme se pode festexar en todas partes, da igual sexa costa ou interior.
Metereoloxía extrema
O programa simulará como un furacán golpea a Torre Costa Rica da Coruña, o edificio máis alto de toda Galicia e dará paso a declaracións de expertos sobre como pode chegar a afectar ou non un furacán ás nosas vivendas.
Por outra parte, aproveitando que estamos en época de festas e orquestras, os donos das principais orquestras de Galicia lembrarán algún dos percances que tiveron por mor dun vendaval.
Imaxinan tamén un tsunami en Galicia. Sería posible? Que cantidad de superficie arrasaría? Nin o imaxinas dará resposta a estas preguntas e moitas máis da man do xeólogo Juan Vidal. Tamén mostrarán grazas á realidade virtual, que pasaría se dito fenómeno se dera, por exemplo, na Praia da Lanzada, no concello do Grove.
Mundo submariño das Cíes
Centenares de turistas ao ano achéganse ata as Illas Cíes e confirman que o éxito desta paisaxe natural e do seu ecosistema chega máis aló das fronteiras galegas.
Para coñecer a fondo o marabilloso mundo submarino que se esconde nas augas das Illas Cíes, será referencia este domingo a TVG e o programa Nin o imaxinas, presentado por Alba Mancebo.
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
- Así es la tapa de oreja más popular de Santiago: 'Hacemos hasta 120 kilos a la semana
- El furancho que conquistó a la princesa Leonor a 50 minutos de Santiago: 'Tiene una de las mejores empanadas
- El Obradoiro conquista Coruña y parte del ascenso directo
- Casi 55.000 jóvenes y jubilados compostelanos viajan gratis en bus metropolitano: un 16% más
- Este pueblo a media hora de Santiago busca vecinos: con trabajo y alquileres desde 400 euros
- El Cristo de la Paciencia regresa a Conxo y pone el broche final a la Semana Santa compostelana