Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

‘Nin o imaxinas’ percorre hoxe as festas históricas de Galicia

O programa desta noite (TVG, 23.30 horas) recrea a vida vikinga e os segredos deste pobo nórdico que pasou polas nosas terras

Alba Mancebo, presentadora de ‘Nin o imaxinas’

Alba Mancebo, presentadora de ‘Nin o imaxinas’ / CRTVG

Redacción

Santiago

Saben cantas festas históricas se celebran en Galicia ao longo do ano? Pode haber decenas delas, pero Nin o imaxinas ensinaralle nove para que elixan cal é a súa favorita. Fagan este percorrido hoxe, martes, a partires das 23.30 horas, no programa da Televisión de Galicia (TVG) presentado por Alba Mancebo.

Grazas á realidade virtual, esta nova entrega recreara como as tropas romanas chegaron á zona da Limia e comezaron así a súa conquista do noroeste da península ibérica. Tamén como os viquingos surcaron nos seus drakars a ría de Arousa ata chegar a Catoira pero non conseguiron facerse coa fortaleza.

Estas realidades históricas deron lugar a dúas das festas máis importantes do noso territorio: a festa do Esquecemento e a Romaría Vikinga. O programa da Televisión de Galicia abordará todo este proceso histórico e tratará sobre o orixe destas festas.

Os reporteiros do programa David Vilares e Leire Vázquez xa elexiron as súas festas históricas galegas favoritas e agora tentarán de convencer aos telespectadores de que queden cunha.

Galicia está chea de festas nas que se recrean pasaxes históricas e Nin o imaxinas vai percorrer de norte a sur e de leste a oeste a nosa comunidade para que os espectadores fagan a sua composición coas que máis lles gusten. Poden elixir a súa preferida pola beleza do ambiente, pola perfección na recreación histórica, pola música, pola comida, pola época á que nos traslada, porque van tódolos anos, porque lles gustaría ir, ou por calquera outra circunstancia: o Ribadeo Indiano, a Festa da Istoria de Ribadavia, a Reconquista de Vigo, a Feira Medieval de Monforte de Lemos, a Festa Normanda de Foz, o Asalto ao castelo de Vimianzo, o Arde Lucus de Lugo, a Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia e a Romaría Vikinga de Catoira.

Ademais de ir de festa en festa o programa tamén convidará a unha exposición moi relacionada con parte da nosa historia: Unha vida viquinga. A Cidade da Cultura abre as súas portas aos viquingos e Nin o imaxinas estará alí para saber máis segredos deste pobo nórdico que tamén pasou por Galicia.

Tracking Pixel Contents