Rías Baixas vs. Ribeiro, duelo vinícola da man de ‘Morra o conto’ na TVG
O programa regresa esta noite (22.45 horas) cun episodio de emocións, tradición e viño

Alba Mancebo e David Vilares, presentadores de ‘Morra o conto’ / CRTVG
Hoxe á noite, Morra o Conto volve á TVG cun episodio cheo de emocións, tradición e moito viño. O programa, presentado por Alba Mancebo e David Vilares, enfrontará os dous grandes caldos galegos: o albariño das Rías Baixas e o ribeiro de Ribadavia.
Desde o impresionante castelo de Soutomaior, un lugar neutral entre as dúas comarcas, descubriremos historias únicas como as da señora Lola, unha muller que conserva cepas familiares de albariño con máis de 200 anos e que dan un viño bautizado co nome da súa nai; ou a de Felicísimo, pioneiro no embotellado do Ribeiro no barrio xudeu de Ribadavia.
Tamén descubriremos por que o mellor enólogo do mundo lle propuxo á adega Forjas del Salnés innovar e conservar as súas botellas en bateas a 14 metros de profundidade.
Entre cantigas taberneiras de Ribadavia e moito humor, os veciños das dúas comarcas competirán por facer valer cadanseu viño porque, como en cada episodio, ao remate o público terá a última palabra: morre o conto... ou non?
O formato enfronta cada semana dous lugares de Galicia a partir dun tópico que os separa para ver se hai entendemento. Con este obxectivo, preséntanse historias emocionantes e debates apaixonados, sempre desde o humor, antes de que o público ofreza o seu veredicto.
- Una compostelana hace historia al ganar un Latin Grammy: 'Quero adicarllo a miña cidade e a Galicia
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez
- Los entrenadores de Ilia Topuria abren en Santiago su esperado gimnasio la semana que viene
- «Esta fiesta por los 90 años de Capitol es una muestra de orgullo picheleiro»
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados
- Denuncian el caos creado por los sentidos únicos en Bertamiráns
- Nivel rojo por la crecida del Sar y Tambre desbordado en Ames con su molino en jaque
- Muere María Jesús Quintanilla, viuda del exsenador y exrector de la USC José María David Suárez Núñez
