Entrevista | Noelia Rey Presentadora do novo programa da TVG ‘A miña gran cidade’
Noelia Rey : "Convertemos os famosos galegos en guías das súas cidades"
‘A miña gran cidade’ chega hoxe á Televisión de Galicia (TVG), a partires das 21.35 horas

Noelia Rey conduce ‘A miña gran cidade’ / CRTVG
Chelo García Cortés regresa ao seu Ourense natal para ensinarlle a cidade a un convidado inesperado na estrea de A miña gran cidade, hoxe, mércores, ás 21.35 horas. Un formato nunca antes visto na Televisión de Galicia (TVG) que promete sorpresas, emoción e moito humor. Falamos con Noelia Rey, a súa presentadora.
En que consiste A miña gran cidade?
Un galego famoso fai de guía na súa cidade durante un día para outro famoso, galego ou non. O obxectivo é que o convenza de quedar pola cidade de vacacións. Pero teñen unha limitación: o anfitrión só dispón dunha hora para realizar experiencias orixinais coas que ensinar a súa cidade e sorprender o visitante. Ao final, este decide se queda ou marcha.
Os famosos non se coñecen previamente, non?
Ás veces xuntamos persoas que se coñecen; noutras ocasións, persoas que non teñen nada que ver para xerar contrastes curiosos… (risas). O máis interesante é que nin os anfitrións saben a quen lle van ensinar a cidade nin os visitantes saben o que van facer.
O primeiro episodio é con Chelo García Cortés en Ourense.
Moita xente descoñece que Chelo é ourensá, pero naceu e traballou varios anos aquí. É emotivo vela falar dos seus comezos na radio, os recordos de seus pais e mesmo do seu primeiro amor. Como hai moita química co convidado, Chelo acaba desvelando detalles que nunca compartira ata agora. Tamén comenta a súa relación con José Manuel Parada, que comezou traballando con ela na radio en Ourense.
Que rostros poderemos ver?
Chelo García Cortés é a primeira, pero teremos máis estrelas da televisión como Silvia Jato, Paloma Lago, o conde Lequio ou Alba Carrillo. Tamén celebridades doutros eidos, como os escritores Manel Loureiro ou Pedro Feijóo, o cirurxián Diego González Rivas, a actriz María Mera, o exbaloncestista Fernando Romay…
Que pode esperar a audiencia de A miña gran cidade?
Vai sorprender. É un programa moi divertido, poñemos en valor as cidades galegas dun xeito distinto mentres coñecemos o lado persoal e familiar dos famosos. Ao longo do programa créase moita complicidade entre as parellas, pero sempre hai certa tensión polo tempo.
Que tipo de experiencias propoñen os anfitrións?
Estando en Galicia todos queren ir comer algo típico, non necesariamente caro. Hai quen namorou dunha tapa de orella, non é broma (risas). Pero tamén visitan monumentos, acceden a lugares con paisaxes exclusivas, van ao karaoke, dan un paseo en bici á beira do mar ou mesmo xogan un partido de baloncesto. Están orgullosos das súas cidades e queren sorprender. Fan de todo, aburrir non se aburren!
Dá tempo a facer tanto nunha hora?
Aí está o reto! Están un día na cidade, pero as experiencias ocupan en total unha hora. Teñen que repartir con tino o tempo entre todas, normalmente son catro a fume de carozo. Eu vounos "espiando" durante o proceso para axudalos e lembrarlles os minutos que levan e os que lles quedan. Cando a hora remata, aparezo eu amolando (risas). Ao final, o convidado escolle se queda ou marcha da cidade.
E hai quen marcha despois de todo?
Claro! Levamos moitas sorpresas. Ás veces parece que todo flúe, que o están a pasar ben xuntos e, na decisión final, o convidado de xeito inesperado quere marchar... Como na vida mesma!
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo
