‘Lume’, serie sobre incendios en Galicia e Portugal protagonizada por Cristina Castaño, chega esta noite á TVG
A actriz galega ponse na pel dunha xornalista que iniciará unha investigación que sacará á luz unha perigosa rede de intereses económicos e políticos

Cristina Castaño, nunha imaxe promocional de ‘Lume’ / Cedida

Tras a súa presentación no Festival Internacional de Series Ría de Vigo, no que foi premiada como Mellor Serie do Público, Lume, un thriller xornalístico con fondo social e ecolóxico, chega este luns á pequena pantalla. Faino esta noite, ás 21.45 horas, como unha das grandes apostas da Televisión de Galicia (TVG).
A serie –unha coprodución da TVG e a canle lusa RTP que contou co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e a participación das productoras Setemedia e Coral Vision Europa– está protagonizada pola galega Cristina Castaño e conta coa presenza de actores como o portugués Albano Jerónimo ou os intérpretes galegos Alfonso Agra, Xúlio Abonjo e Isabel Naveira, entre outros.
Composta por seis capítulos e rodada tanto en galego coma en portugués, Lume achega a historia de Lucía (Cristina Castaño), unha xornalista asentada en Lisboa que regresa á súa localidade natal, Seara, tras un devastador incendio forestal. Sen embargo, os veciños recíbena con hostilidade porque lembran o pasado do seu pai como un incendiario.
Convencida de que o incendio non foi accidental, Lucía (Cristina Castaño) iniciará unha investigación que sacará á luz unha perigosa rede de intereses económicos e políticos. Un camiño en busca de respostas moi perigoso cheo de suspense e drama.
- Galicia afronta un nuevo episodio de calor extremo: la Xunta activa la alerta roja por temperaturas de hasta 38 grados
- El negocio de Santiago con 136 años que se adelantó a la venta online: 'El Internet de antes eran los buses
- De rodarse muy cerca de Santiago al ‘prime time’ de Antena 3: así es la serie que revive hoy en TV la Galicia del siglo XX
- La historia de cuatro profesores que llegan con plaza a las aulas gallegas: 'As ganas superan o medo
- Seis policías nacionales salvan la vida a una mujer tras una brutal agresión de su pareja en una vivienda de Santiago
- Regresa a Santiago la moda de los mercadillos de Viena con más de 800 prendas de segunda mano desde 1 euro
- El coro compostelano que busca nuevas voces te espera en el IES de Sar
- Solo cinco grados de la USC en Santiago mantienen vacantes a las puertas del inicio de curso