A serie sobre o cirurxián coruñés Diego González Rivas chega ao seu fin
AGalega.gal publica o derradeiro episodio de ‘Curando o mundo’, traballo que achega o día a día deste profesional galardoado por EL CORREO GALLEGO en 2023 co Premio Gallego del Año

O cirurxián coruñés Diego González Rivas / CSAG

Un ano e medio despois da súa estrea na plataforma dixital de AGalega.gal, Curando o mundo, a serie documental que achega o traballo do cirurxián coruñés Diego González Rivas -profesional que está a revolucionar a cirurxía torácica coa súa técnica UniportalVATSeRats, coa que operou xa a máis de 7.000 pacientes en 129 países-, chega ao seu fin coa estrea esta semana da súa derradeira entrega, a cal xa se atopa dispoñible na plataforma de streaming da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) -antiga CRTVG-.
Nela, o cirurxián coruñés, galardoado por EL CORREO GALLEGO en 2023 co Premio Gallego del Año, achega desde Bali a súa paixón pola medicina e a aventura ao enfrontarse a unha cirurxía complexa, á espiritualidade dos templos e á forza do océano na súa primeira sesión de surf do ano.
A serie documental Curando o mundo xurdiu, tal e como sinalou Diego González Rivas a este medio, a raíz dunha intervención en Historias a pedais, programa da Televisión de Galicia (TVG) que se atopaba presentado polo exciclista Óscar Pereiro. «Tralo meu paso por aquel programa, unha persoa relacionada ca produtora de Historias a pedais, que tiña un cancro de pulmón, tentou contactar comigo. Aquel caso non foi operable pero dinlle un tratamento co que respondeu ben. Entón, a produtora propuxo facer esta serie documental máis profunda sobre a miña vida, percorrendo o mundo para operar e ensinar», destacou González a este diario pouco despois da estrea de Curando o mundo.
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo
- Vuelca un coche en la AG-56 a la salida de la autopista en Santiago
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre
- Mil docentes de colegios e institutos dejan las aulas gallegas este año
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar