'A miña gran cidade', nova entrega esta noite, ás 21.50 horas, na TVG
Fran Nogueira prepara unha cita con sabor ferrolán para namorar a Terelu
O actor amosa cidade departamental á icona televisiva: «Ata comendo ‘steak tartar’ estás sexy» | «Búscame un pisito por aquí», plantexa a presentadora, seducida pola gastronomía

O actor e presentador Fran Nogueira, con Terelu Campos nun momento do programa / TVG
Redacción
Un novo capítulo de A miña gran cidade chega esta noite, ás 21.50 horas, á TVG. Desta volta, a cidade que acolle as aventuras de dúas personaxes famosas é Ferrol, e os protagonistas son o actor ferrolán Fran Nogueira e a colaboradora de televisión Terelu Campos.
Nogueira, actor, presentador e modelo, que triunfou en series de éxito tanto galegas como estatais e actualmente no concurso Eu sei + ca ti da canle autonómica, desprega todos os seus encantos para convencer a Terelu Campos de que Ferrol é o lugar ideal para pasar uns días de vacacións. A convidada, malagueña de avoengo xornalista, é un peso pesado da pequena pantalla; colaboradora, presentadora e actriz, con décadas de experiencia ás súas costas, segue a ser un dos rostros máis incombustibles da televisión en España.
«Non pode haber límite de tempo para Terelu», pide Fran Nogueira antes de iniciar a visita pola súa cidade natal. Dende os Xardíns de Herrera, sitio especial para el xa que foi onde deu o seu primeiro bico, os dous divisan a coñecida estampa de Ferrol. «Dende aquí pode verse todo Ferrol», Fran explícalle á malagueña todos os detalles das vistas, dende o Arsenal, pasando polos estaleiros ata o barrio de Caranza.
As confidencias son continuas dende o comezo e, sobre todo, cando se achegan ao banco exacto no que o ferrolán bicou a unha moza por vez primeira. «Eu quería que Terelu me dese un bico, pero non o conseguín», lamenta Nogueira.
Continúan a ruta polo Mercado da Magdalena, onde improvisan unha cata de queixos galegos nun dos postos do mercado. «Eu podería alimentarme só de queixos, gústanme todos», asegura Terelu, que marcha cunha bolsa con anacos de distintos queixos. «Vaia cea vou dar eu en casa!».
A parella fai unha parada nunha cafetería para tomar uns churros. «Gústanche?», pregunta con sorna Fran, en alusión ao famoso momento no que Terelu degustaba unha porra no docureality Las Campos. Os dous fan chanza sobre a icónica imaxe.
Na segunda experiencia, Fran decide levar a Terelu ata o porto de Curuxeiras, un agradable paseo no que aproveita para explicarlle o dobre significado dalgunhas palabras en galego, como parrocha, «que é a sardiña, pero tamén ten outras acepcións».
Tras esta clase de galego improvisada, os protagonistas entraron na igrexa da Nosa Señora do Socorro, que é o punto de inicio do Camiño Inglés e garda imaxes de gran devoción para os mariñeiros ferroláns.
Chega despois o momento de ir xantar ao restaurante BaceLo, unha actividade coa que a famosa presentadora se amosa especialmente satisfeita. «Búscame un pisito por aquí», dille; ao que el responde que «non hai problema, déixoche a miña casa». Acadan tal grao de complicidade que o actor chega a confesarlle a Terelu que «ata comendo o steak tartar estás sexy».
Para acabar o día, a parella achégase ata o barrio de Canido, famoso polos seus murais de Meninas. Alí, hai preparada unha sorpresa: a actuación de Os Chiribicos. O grupo, que decide tocar un pasodobre, anima a Terelu e Fran a bailar un agarrado. Fran acepta o reto e as chispas saltan entre os dous.
Darán o seu froito estes esforzos e Fran Nogueira conseguirá que Terelu Campos quede en Ferrol?
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago