'A miña gran cidade', nova entrega, esta noite ás 22.00 horas, na TVG
Sonia e Selena, en Fisterra: «Estas vistas son para quedar aquí unha eternidade»
O anfitrión Eddy Insua, empresario e celebridade local, amósalle ao dúo musical sitios máxicos e o mar infinito da Costa da Morte para convencelas de que queden na súa vila

O anfitrión Eddy Insua (centro), con Sonia (esquerda) e Selena, en Fisterra / TVG
Redacción
A TVG viaxa hoxe (22.00 horas) ata Fisterra para unha nova entrega de A miña gran cidade. O anfitrión é Eddy Insua, empresario e celebridade local que viu como a súa vida cambiaba por completo tras pasar por Gran Hermano. Agora, convertido en guía de excepción, recibe as cantantes Sonia e Selena, co reto de convencelas de quedar uns días pola súa vila.
O fisterrán ten claro o que quere amosar: «Hai puntos clave que hai que ensinar», asegura, decidido a ver non só os lugares máis emblemáticos, senón tamén esa Fisterra persoal e cotiá que coñecen os que viven pegados ao mar. Por sorte, o tempo parece acompañalos, algo que parece milagre nesta vila atlántica onde, como di el, «pode traer as catro estacións nun mesmo día».
As súas invitadas chegan dispostas a deixarse sorprender, e dende o primeiro intre, a química é evidente. Selena, emocionada, exclama: «Amo o norte, esta parte do país»; mentres Sonia, entre sorrisos, avisa ao anfitrión: «Moi mal o tes que vender para que diga que non». Eddy, confiado, cre que «a maleta do programa vai ser pequena» para os días que acabaran pasando en Fisterra as artistas.
A primeira experiencia transcorre nunha mañá radiante, perfecta para percorrer o porto e as praias onde Eddy xogaba de neno. «Estas vistas son para quedar aquí unha eternidade», suspira Sonia ante o Atlántico. Os tres comparten a mesma necesidade vital de ver o mar: «O anfitrión Eddy Insua (centro), con Sonia (esquerda) e Selena, en Fisterra. | TVG», admite Sonia. «Necesito ver o mar». Selena e Eddy asenten, unindo nun mesmo sentimento o Mediterráneo e o Atlántico.
O paseo continúa pola feira local chea de vida, onde Selena está como na casa, pois «en Ibiza hai moito mercadiño hippie». O azar quixo sorprendelas aquí cando un dos postos tiña soando a súa última canción Reinas, un tema que homenaxea a súa traxectoria e a súa ilusión por todo o acadado dende o seu éxito Yo quiero bailar. Selena admite con orgullo e algo de humor que «se non fose Selena, de Sonia y Selena, sería fan de Sonia y Selena».
Os tres aproveitan o paseo para compartir as súas sensacións sobre o mundo do espectáculo e os realities. Falan da súa experiencia no Benidorm Fest e da presión de vivir baixo os focos. «Foi moi bonita, queremos volver. Aprendes moito lonxe da casa e coñeces os teus límites», di Sonia. Eddy, que pasou máis de 3 meses na casa de Gran Hermano, entende perfectamente a sensación e apunta directamente a como están deseñados este tipo de programas: «Todo está preparado para que a xente estoupe».
Para a segunda experiencia Eddy lévaas ata as Cabanas Fisterra, o proxecto que a familia do anfitrión creou «con moito traballo e moita ilusión» e do que el tomou o temón. «Nacemos con catro cabanas e pouquiño a pouquiño fomos crecendo», explica. O lugar é un remanso de paz entre montes e mar Para o xantar, Eddy elixe O Fragón, un restaurante de referencia en Fisterra. Entre longueiróns, mexillóns, lumbrigante e verduras, o menú non desfrauda.
A decisión final de se quedan en Fisterra ou collen o billete de volta está nas mans das cantantes.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo