Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

AGalega.gal amplía o seu catálogo con ficcións de época da nosa comunidade

‘Mar libre’ e ‘Reliquias’, entre as novidades da semana da plataforma de ‘streaming’ gratuíta da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia

Imaxe promocional da miniserie galega ‘Mar libre’

Imaxe promocional da miniserie galega ‘Mar libre’ / CSAC

Rodrigo Paz

Rodrigo Paz

Santiago

AGalega.gal, plataforma de streaming da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) —antiga CRTVG—, continúa ampliando o seu catálogo e o fai apostando pola ficción de época con selo galego.

De esta forma, desde este luns, poderase ver na plataforma Mar Libre, miniserie galega do ano 2010 que se atopa protagonizada por William Miller e María Vázquez. Este proxecto, que supuxo a estrea de Dani de la Torre na dirección, traslada ao espectador ao século XVIII, concretamente ao ano 1789, cando a costa galega vivía o auxe da industria conserveira de sardiña impulsada polos fomentadores cataláns. Nun contexto no que os pescadores estaban obrigados por lei a venderlles toda a súa captura, a ficción, rodada en escenarios naturais, explora as tensións sociais, o poder económico e a vida mariñeira nun tempo de grandes cambios.

Tamén chegará esta semana a AGalega.gal a ficción Reliquias, película rodada no ano 2009 por Bren Entertainment (filial galega de Filmax) para a Televisión de Galicia (TVG). Farao o vindeiro venres, momento a partir do cal poderemos desfrutar deste filme ambientado a comezos do século XII que conta no seu elenco cos actores Alfonso Agra, María Bouzas e Javier Rey, entre outros. Reliquias segue a historia dun bispo que acude ata un mosteiro dúplice acompañado do soldado Ferro para descansar dunha viaxe. Pouco despois da súa chegada, o legado papal fai a súa aparición no lugar para ordear cambios que ameazarán o equilibrio da comunidade, que se encontra dirixida pola abadesa Eva.

Antes, o xoves, porase a disposición da audiencia, durante sete días, a película Amor a distancia. Nela poderemos coñecer a Evi, unha traballadora dunha empresa de construción especializada en grandes proxectos hidráulicos que soña cun ascenso que a leve a Río de Xaneiro. Non obstante, acaba destinada a unha pequena vila do sur dos Países Baixos, onde debe afrontar un choque cultural, lingüístico e vital, pasando de Rotterdam a unha contorna rural descoñecida.

Finalmente, o sábado, os usuarios de AGalega.gal estreará O que queda do día, clásico protagonizado por Emma Thompson e Anthony Hopkins no que, tras a morte de Lord Darlington, o mordomo Stevens rememora a súa vida na mansión, o seu estrito sentido do deber e a súa relación coa señorita Kenton, a quen nunca lle chegou a expresar os seus sentimentos. A historia, que se poderá ver durante dúas semanas, percorre momentos clave previos á Segunda Guerra Mundial, incluíndo unha conferencia internacional con figuras como Churchill, e segue a viaxe de Stevens anos despois para reencontrarse coa muller á que nunca esqueceu.

Tracking Pixel Contents