AGalega.gal celebra o Entroido con novidades no seu catálogo
Entre as estreas atópanse filmes coma 'Non llo digas a ninguén', 'A lume lento' e 'O cazador de recompensas'
Destacan as series 'Galicia crime' e 'Vienna Blood'

Fotograma da webserie 'Galicia crime'. / AGalega.gal

AGalega.gal, plataforma de streaming da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) —antiga CRTVG—, afronta o Entroido con importantes novidades no seu catálogo. Nel non só se poderá ver unha nova sección especial dedicada a estes días de troula e celebración, que contará cunha ampla selección de pezas divulgativas sobre as tradicións máis singulares dunha das festas máis representativas da cultura galega, senón tamén series coma Vienna Blood, xa dispoñible en versión orixinal subtitulada en galego, que aborda as investigacións dun novo médico discípulo de Sigmund Freud que colabora coa policía na resolución de complexos crimes, combinando os primeiros conceptos da psicanálise co método clásico policial, na Viena de comezos do século XX.
Este mércores estrease o documental O país dos mixtos, que recupera a historia do Couto Mixto, territorio singular con identidade propia e privilexios únicos durante máis de cinco séculos, situado na raia entre Galicia e Portugal e formado polas aldeas de Santiago, Rubiás e Meaus.
Este xoves, será a quenda da chegada á plataforma de streaming da CSAG da webserie Galicia crime, protagonizada polo detective Dowson e o sarxento Pillei, dous peculiares policías de Carballork que combaten o crime nunha Galicia disparatada e americanizada.
Outra cita destacada será o vindeiro luns coa estrea de CeibaRimas. O freestyle en galego existe, programa especial de catro capítulos que recolle a gran final da principal competición de rap improvisado en galego, con batallas, actuacións e entrevistas que amosan a forza da cultura urbana galega.
A programación completarase coa chegada dos filmes Non llo digas a ninguén (13 de febreiro), A lume lento (14 de febreiro) e O cazador de recompensas (17 de febreiro), que estarán dispoñibles en AGalega.gal durante 30 días.
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- Una spin-off finlandesa situada a 3.000 kilómetros de Santiago monta el nuevo superordenador cuántico para el Cesga: 'Será uno de los más potentes de Europa
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores