Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Gran regreso

A popular serie dos 80 ‘Magnum’ volta á Televisión de Galicia

Regresa á canle pública galega catro décadas despois

A popular serie dos 80 ‘Magnum’ volta á Televisión de Galicia.

A popular serie dos 80 ‘Magnum’ volta á Televisión de Galicia. / TVG

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Rodrigo Paz

Rodrigo Paz

Santiago

Magnum está de volta na Televisión de Galicia (TVG) catro décadas despois. A canle autonómica recupera así, a partir deste luns, unha das series máis icónicas da súa historia, a ficción policial que lanzou ao estrelato a Tom Selleck e que marcou os anos 80.

Imaxe da popular serie dos 80 ‘Magnum’.

Imaxe da popular serie dos 80 ‘Magnum’. / TVG

'Magnum', de luns a venres na TVG catro décadas despois

Ofrecerase durante este verán de luns a venres a partir das 11.10 horas con dúas entregas diarias que narrarán as aventuras de Thomas Sullivan Magnum, un investigador privado que vive en Hawái co seu mordomo Higgins, un exmilitar co que se leva como o can e o gato, e que se dedica a resolver grandes casos coa axuda incondicional dos seus compañeiros Rick e TC, e mesmo de Higgins.

Estreada pola TVG en 1985, converteuse automaticamente nunha das series máis seguidas da canle pública galega polo gran traballo de tradución e adaptación dos diálogos, con moitas frases feitas e retranca local.

O seu regreso á grella da TVG únese á recuperación da serie Dallas, xa en emisión no late night de luns a venres.

Nova entrega do espazo 'O Día da Romaría', en Padrón, durante o Santiaguiño do Monte.

Nova entrega do espazo 'O Día da Romaría', en Padrón, durante o Santiaguiño do Monte. / TVG

Santiaguiño do Monte desde Padrón

Así mesmo, este luns, ás 22.50 horas, a TVG emitirá unha nova entrega do espazo O Día da Romaría, que fará parada en Padrón para descubrir unha das súas celebracións máis queridas: o Santiaguiño do Monte.

Deste modo, os telespectadores poderán vivir desde dentro a tradición, a devoción e a troula que envolve o que din que é o santo máis parrandeiro de toda Galicia.

Tracking Pixel Contents