Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A partir das 21.40 horas

O ‘Luar’ despide este venres a tempada cunha homenaxe á canción do verán na TVG

O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar contará coas actuacións de Los Diablos, King África, The Refrescos, Verónica Romero e varios artistas galegos

Xosé Ramón Gayoso é un dos presentadores do 'Luar'

Xosé Ramón Gayoso é un dos presentadores do 'Luar' / ECG

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Rodrigo Paz

Rodrigo Paz

Santiago

O programa da Televisión de Galicia (TVG) Luar despide este venres, a partir das 21.40 horas, esta tempada.

Homenaxe á canción do verán

Farao por todo o alto cunha homenaxe á música xuntando no escenario aos máximos representantes dos grandes temas que poñen banda sonora aos meses de máis calor. Deste modo, os telespectadores poderán gozar coas mellores cancións do verán do pasado e do presente.

O programa presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar comezará lembrando ao gran Georgie Dann, o rei indiscutible da canción da época estival, e seguirá coas actuacións de Los Diablos, autores de éxitos inesquecibles do pop español coma Un rayo de sol e No pares de bailar.

Tamén estará presente o explosivo King África coas súas amplas túnicas de cores e, sobre todo, a súa curiosa voz atiplada coa que cantará a mítica canción Bomba. Tampouco faltarán á cita The Refrescos, banda madrileña de pop-rock e ska coñecidos polo hit Aquí no hay playa, e Verónica Romero, cuxa carreira musical despuntou tras o seu paso, hai xa 25 anos, pola primeira edición de Operación Triunfo.

Ademais, este último Luar da tempada contará coa presenza do novo dúo galego Tapa d’Orella, integrado polos artistas Pappaquino e Willow GHZ, a orquestra Principal, o grupo musical galego Amizades, a agrupación de música e danza tradicional Queiroa e o mago Antón Noriega.

Tracking Pixel Contents