Estrea na TVG
Eva Iglesias e Xosé A. Touriñán protagonizan a nova comedia da TVG
Ambos dan vida na serie ‘Millonarios’ a unha parella traballadora pertencente ao rural galego á que, de súpeto, lle toca a lotaría

Eva Iglesias e Xosé A. Touriñán protagonizan a nova comedia da TVG. / TVG

A Televisión de Galicia (TVG) estrea este domingo 30 de agosto, ás 22.00 horas, a primeira das súas grandes apostas de entretemento que nos ten preparados de cara a nova tempada televisiva.
'Millonarios', comedia protagonizada por Eva Iglesias e Xosé A. Touriñán
Trátase de Millonarios, comedia protagonizada por Eva Iglesias e Xosé A. Touriñán que propón unha divertida viaxe polo mundo do luxo e os privilexios facendo unha parodia sobre os excesos e as extravagancias habituais nos reality shows da xente rica desde a perspectiva próxima e humilde dos seus protagonistas.
Deste xeito, Millonarios céntrase en Telmo (Xosé A. Touriñán) e Luísa (Eva Iglesias), unha parella traballadora do rural galego á que, de súpeto, lle toca a lotaría. Un gran premio que os leva a pedir a xubilación anticipada para vivir unha serie de experiencias propias da xente con cartos.

Eva Iglesias e Xosé A. Touriñán, na serie ‘Millonarios’. / TVG
Spas e balnearios exclusivos, regatas, torneos de golf, restaurantes de alta cociña ou retiros esotéricos son algunhas das aventuras ás que se lanzarán co obxectivo non de aparentar, senón de satisfacer a curiosidade vital de saber como é iso de ser rico, pero sempre sen renunciar á súa forma de ser.
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Cambio de tiempo en Galicia: un frente activo dejará lluvias generalizadas y un descenso de las temperaturas