Regreso á parrilla televisiva
‘O termómetro’ volta á Televisión de Galicia con cambio de caras
Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña serán os novos presentadores do espazo das mañás de luns a venres na TVG tras a marcha de Rocío Delgado da corporación pública galega

Javier Romero e Noelia Rey, nunha imaxe promocional de 'O termómetro'. / TVG

O termómetro volve este luns, ás 11.30 horas, ás mañás da Televisión de Galicia (TVG). Faino cheo de sorpresas, comezando polas novas caras dos presentadores que se sentarán na mesa e no sofá do programa desde este luns tras a marcha da xornalista Rocío Delgado a La Séptima, nova canle da TDT que espera iniciar as súas emisións o vindeiro 5 de novembro.
Novos presentadores de 'O termómetro'
Estes non serán outros que Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña. Deste xeito, os tres xornalistas marcarán a temperatura de O termómetro durante os vindeiros meses da nova tempada televisiva.
Javier Romero chega ao espazo para presentalo de principio a fin avalado por unha sólida traxectoria como correspondente en Italia.
Xunto a él, que guiará aos espectadores por cada un dos distintos bloques de contidos do programa, estará Noelia Rey, que achegará o punto máis desenfadado de O termómetro facéndose cargo da sección de sociedade e da saúde xeral.
Ambos estarán acompañados por Bernardo Montaña, que repite unha tempada máis diante das cámaras do espazo coma home dos datos na gran pantalla do estudio do matinal.
Nova etapa de 'O termómetro'
Unha nova etapa no que este espazo de entretemento e actualidade en directo para as mañás de luns a venres —que vive a súa terceira temporada na TVG— seguirá combinando entrevistas, reportaxes, mesa de debate sobre asuntos do día e un gran espazo para charlar con convidados e especialistas en temas diversos cos que tratarán de seguir convencendo á audiencia.
Iso si, nesta tempada, os contidos do programa organizaranse en grandes bloques temáticos sempre desde a perspectiva galega para falar de consumo, saúde, sociedade, actualidade... Ademais, os presentadores conectarán cada mañá cun gran equipo de reporteiros espallados por toda a xeografía galega para tomar a temperatura das catro provincias da nosa comunidade.
- Muere Manuel Peleteiro Ramos, hijo de los fundadores del Colegio Peleteiro de Santiago
- Medio Ambiente detecta un auge de la pesca eléctrica en los ríos gallegos: «No me esperaba que hubiese tanto furtivismo de este tipo»
- Las nueve medidas con las que el candidato del PP Borja Verea quiere convertir Santiago en 'la mejor capital de Europa' para las familias
- El primer bar vikingo de Santiago abre con un barco a tamaño real como barra: 'Va a ser algo nuevo en la ciudad
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- Dos jóvenes acaban en el hospital tras sufrir violentas agresiones en las fiestas de A Mercé de Conxo
- Hallan en el convento pontevedrés de Santa Clara un cerebro saponificado, restos de niños y el cadáver de un capellán
- Santa Minia de Brión 2026: Luar na Lubre, Olympus y Finisterre en la primera edición como Fiesta de Interés Turístico de Galicia