Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A actividade volta a Casa-Museo Rosalía tras un mes pechada

O centro dedicado á escritora regresa cunha redución de aforo ao 30 % da súa capacidade, sen grupos escolares nin visitas guiadas

A Casa-Museo de Rosalía volve a abrir as súas portas hoxe 2 de marzo logo de máis dun mes pechada polas restricións decretadas polo Goberno galego. E en virtude das novas normas do Executivo, esta apertura non superará o 30 % da capacidade máxima permitida, e manterase a prohibición de visitas guiadas e en grupos de máis de catro persoas, sexan ou non conviventes.

A Casa-Museo regresa co seu horario habitual (de 10 a 13.30 horas e de 16 a 19.00 domingos e festivos de 10 a 13.30 e luns pechados), e todas as instalacións serán desinfectadas a diario. O percorrido pola Casa-Museo estará regulado e guiado por marcadores de distancia e indicadores.

As normas pola COVID continuarán como ata o momento: as persoas que visiten a Casa deberán facer uso de máscaras, gardar as distancias de seguridade e facer uso do xel hidroalcohólico na recepción. Non estará permitido tocar ningún obxecto ou moble do interior.

Por outra banda, o Concello de Padrón enviou un agasallo aos nenos e nenas das escolas unitarias e de infantil municipais para conmemorar o Día de Rosalía, celebrado na xornada do 24 de febreiro. O obxectivo do departamento de Cultura, liderado por Lorena Couso, foi achegar aos máis pequenos a paixón pola literatura como símbolo de identidade da súa vila, Padrón.

Posto que a situación da pandemia impediu realizar todas as actividades que acostuman realizarse nesta xornada coas crianzas de Padrón, o executivo local apostou por enviar este exemplar para que dende as súas casas os cativos puidesen ter presente a poetisa.nenos

O exemplar enviado, Bolechas. As miñas primeiras letras galegas. Rosalía de Castro, ía acompañado dunha carta do alcalde para saudar ás familias e desexarlles ás nenas e ós nenos que desfrutasen en familia deste libro. “Queremos introducir aos nenos e nenas da vila nesta tradición a través deste pequeno agasallo” sinala o alcalde, Antonio Fernández Angueira.

02 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.