Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A andaina saudable de outubro percorre a Vía Verde Cerceda-Oroso

Ofértanse 70 prazas e hai servizo de autobús dende a praza do Concello, Bertamiráns

Ames. Despois de retomar as súas andainas saudables a pasada semana, cunha saída polos muíños de Riamontes, a concellería de Promoción de Saúde propón para comezar outubro unha ruta pola Vía Verde entre os concellos de Cerceda e Oroso. As persoas que participen deberán completar un traxecto duns quince quilómetros na mañá do vindeiro sábado 8.

A Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle é un percorrido que transcorre polos concellos de Santiago, Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda, que aproveita o antigo trazado ferroviario da antiga liña Santiago - A Coruña, en desuso coa posta en funcionamento do Eixo Atlántico de Alta Velocidade. Esta ruta foi aberta ao público o pasado 4 de setembro, ao que lle resta por recuperar o tramo entre a estación de Sigüeiro e Santiago.

As persoas interesadas en sumarse a esta actividade poden anotarse ata o xoves 6 de outubro, ás 14.00 horas, enviando un correo electrónico ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal.

Ofértanse unhas 70 prazas para esta proposta, que contará con servizo de autobús dende a praza do Concello, en Bertamiráns, ás 9.00 horas, e dende a casa da cultura do Milladoiro, ás 9.15 horas. Dende o Concello recomendan levar roupa e calzado cómodo e axeitado. c.e

04 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.