Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Avenida da Peregrina xa é de titularidade do goberno local de Ames

AMES. O Consello da Xunta autorizou o cambio de titularidade a prol do Concello de Ames da avenida da Peregrina, que é o treito inicial da estrada AC-444 en Bertamiráns. Esta transferencia enmárcase no convenio de colaboración da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade co Concello de Ames para acondicionar este tramo de vía, cun investimento autonómico de case 82.000 euros. Este treito de vía autonómica atópase plenamente integrado na malla urbana, polo que o convenio recolle a asunción da titularidade por parte do goberno local. O obxectivo é a mellora do tramo da estrada AC-544 que vai desde a intersección coa avenida da Maía ata o punto quilométrico 0+610, sumando unha lonxitude de 610 metros. En canto ás actuacións establecidas no convenio, a Xunta asume o financiamento e o Concello redacta o proxecto. C.E.

22 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.