Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A avoa dos amesáns le xornais e ve a tele con 104 anos

A Maía. Ames ten moitas avoas... pero como Carmen Ruso, non hai outra. E non só porque pasa por ser a persoa con máis anos na capital maiá, 104 acaba de cumprir, senón porque conserva o sentido e continúa a ler e ver a tele como calquera, pero cunha clara predilección polo comunicador Paco Lodeiro.

É de Agrón, unha parroquia na que outra veterana de case o seu tempo, María Barreiro, vén de cumprir cen primaveras. Pero o pasado 20 de xuño, o protagonismo era para Carmiña Ruso e os seus ben levados 104 anos. Por ese motivo recibiu a visita (e flores) do propio alcalde, Blas García, na súa casa de Calo, moi preto do límite con Brión, onde reside. E precisamente foi o mandatario o que constataba que a súa administrada con máis experiencia na vida “aínda le xornais e revistas, e ve a televisión”, facéndose ademais eco das súas propias, e sabias, palabras cando lle confirmaba que “agora non me gusta moito, porque todo é cotilleo”. Pero tamén lle deixaba claras as súas preferencias na pequena pantalla: o programa de Paco Lodeiro, chamado Atrápame se podes.

“Persoalmente é unha satisfacción coñecer a estas persoas maiores, e como alcalde poder visitalas e facerlle esa pequena homenaxe en nome de toda a Corporación, porque o teñen moi merecido por todo o que levan traballado. As novas xeracións teñen (temos) moito que aprender dos nosos maiores e escoitalos e aprender delas”, divulgaba o propio mandatario, encantado por coñecela. M. M.

23 jun 2022 / 16:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.