Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Baña abre a participación na comisión do covid a toda a veciñanza

Reunirase o día 14 para integrar aos novos representantes da cidadanía bañesa

A Baña. Compromiso por Galicia, co apoio dos populares, solicitou no pleno da Baña do pasado día 30 a creación dunha comisión de seguimento polo covid. En concreto, a formación pediu que as decisións ao respecto da xestión da pandemia se fixesen de forma consensuada con todos os partidos e tamén que os veciños tiveran voz e voto. Unha proposta que foi aprobada por unanimidade.

Agora, o Concello da Baña vén de abrir a participación na comisión de seguimento a colectivos e entidades. E é que, tal e como se decidiu no pleno, dito servizo pasará a estar integrado por un representante de cada grupo político presente na Corporación, e polos representantes das entidades e colectivos veciñais que estén interesados.

Dende o Concello pídeselle aos colectivos e entidades legalmente constituídos no municipio que, se desexan formar parte desta comisión de seguimento, se poñan en contacto coas oficinas municipais para facilitar o nome e datos de contacto do seu representante municipal. Deberán chamar ao número de teléfono 981 886 501.

A comisión na Baña reunirase o vindeiro mércores, día 14, para modificar a súa composición e integrar aos representantes políticos e veciñais que o soliciten.

Por certo, que o goberno local lembra que o vindeiro día 13 darán comezo as clases das escolas deportivas municipais. Os interesados poden anotarse na sede electrónica, na concellería de Deportes ou no enderezo deportes@concellodabana.gal. c. e.

10 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito