Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Baña felicitará o Nadal coas postais que diseñen os máis pequenos

Haberá tres categorías para alumnado de infantil, primaria e secundaria // O prazo de presentación das creacións remata o sábado 5 de decembro

A Baña. O Concello da Baña quere felicitar as festas navideñas coas mellores creacións da súa veciñanza máis nova e convídaa a participar na segunda edición do concurso de postais de Nadal en galego.

O concurso está aberto a toda a rapazada que curse na actualidade educación infantil, primaria e secundaria. Para participar, o alumnado interesado terá que presentar un deseño gráfico da súa autoría acompañado dunha felicitación en galego e entregalo antes do 5 de decembro no CPI San Vicente ou na Casa do Concello, en persoa ou de xeito telemático a través do correo electrónico snl@concellodabana.gal. Pola parte de atrás da postal, deberán aparecer o nome e apelidos do debuxante, así como o enderezo e un número de teléfono de contacto.

O único requisito para os debuxos é que o tema sexa o Nadal en galego.

O xurado, formado por persoas da educación, da plástica e da lingua, escollerá aqueles traballos que consideren máis representativos en tres categorías distintas, establecidas segundo a idade dos participantes. Serán as de alumnado infantil, alumnado de primaria e alumnado de secundaria. Os gañadores de cada unha das categorías recibirán un agasallo vencellado ás artes gráficas.

As postais participantes quedarán en poder do Concello da Baña e serán utilizadas para felicitar o Nadal 2020, ademais de poder ser reproducidas ou expostas no tempo e modo que considere oportuno.

21 nov 2020 / 14:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.