Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Baña recuperou a foliada ca Peque Rachada e recibe sete grupos na Festa Rachada do día 2

A Barcala. A Peque Rachada regresou con forza ao Concello de A Baña neste 2022. E despois de dúas edicións marcadas pola pandemia, o evento volveuse celebrar presencialmente e con bo aforo.

A idea orixinal de celebrala no Campo do Castro, que buscaba unha foliada informal na que a rapazada se sentise segura nun ambiente cómodo, debeu cancelarse debido á ameaza de choiva, facendo que esta se celebrase nas instalacións da escola de música municipal, aínda que por mor do bo tempo que finalmente fixo, trasladouse ao exterior.

Unha vez xa na praza, a escola de Gaiteiros da Baña tocou para un público moi activo, sumándose a escola Armadanzas de Laraño a bailar ao son dos músicos e músicas para vivir unha verdadeira foliada ao estilo da Festa Rachada do concello. Tamén, o grupo dos máis pequenos deu o seu primeiro recital dun par de pezas a frauta doce e tambor, contando tamén algún que outro chiste polo medio nunha actuación completa que se levou os aplausos.

Lembrar que neste municipio tamén celebran unha gran Festa Rachada que, na súa vixésima edición, chegará o vindeiro sábado 2 de xullo, dende as 13.00 horas, ata a Arga de Chans. Actuarán Armadanzas de Laraño e Os Carunchos e, xa polo serán, estarán Os Fondaos de Pífaro, Zé Orquestra Pantasma, Os Mecos de Ogrobe, Faíscas da Pontraga e A Requinta da Laxeira dando o mellor. Inclúense unha foliada popular, xogos típicos, xantar campestre e zona de acampada. m. m.

19 jun 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.