Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Baña reivindica a Ruta a Muxía por Brandomil

A Baña. O Concello da Baña organizou unha andaina para potenciar e reivindicar o Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil ao seu paso polo municipio barcalés. É fíxoa coincidir precisamente coa 2ª etapa da ruta do Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil, organizada polo Concello de Zas, partindo de Negreira e pasando polo municipio bañés ata a ponte da localidade zaense.

En concreto, os lugares bañenses polos que transita esta antiga Ruta de peregrinación son San Cibrán, Barcala, Ordoeste, Corneira e A Riba. E ao redor dunha ducia de bañenses sumáronse á veciñanza de Zas que está a percorrer as catro etapas desta ruta (de 86 quilómetros en total) na reivindicación da oficialidade deste Camiño como ruta posxacobea. Un itinerario histórico, que cómpre subliñar, foi escollido antigamente por milleiros de peregrinos como un dos camiños máis directos entre Compostela e Muxía. En total, percorréronse 25,4 quilómetros. M.M.

02 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.