Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Baña require aumentar as frecuencias nos autobuses con Santiago

Solicitan unha xuntanza co responsable de Mobilidade da Xunta para recuperar as conexións das tardes

A Baña. O Concello da Baña reclama máis frecuencias nos autobuses con dirección Santiago a través dun escrito á Xunta de Galicia. A empresa concesionaria do servizo decidiu hai uns meses anular os horarios de tarde por causa da COVID e segundo fontes municipais, a día de hoxe négase a recuperalos coa excusa de que vai deixar de ser adxudicataria.

O escrito, asinado polo alcalde, José Antonio Pereira, vai dirixido a Ignacio Maestro, director xeral de Mobilidade. Nel lémbralle que A Baña só dispoñía de cinco conexións con Santiago ao longo do día, quedando en funcionamento na actualidade únicamente dúas de ida con parada na Baña ás 7:15 horas ás 16:30, e outra de volta con parada ás 16:15 horas. Anuláronse “de maneira unilateral”, segundo sinala o texto, as que había á tardiña, con volta ás 20:15 horas e ida arredor das 20:30 horas, deixando á Baña incomunicada polas tardes.

A Baña é un dos concellos participantes no Plan de transporte metropolitano con Santiago de Compostela e a diminución do número de frecuencias de autobuses, recorda o alcalde, supón “privar máis de 3500 veciños do noso concello da única posibilidade de conexión coa área metropolitana”.

Despois de contactar coa empresa concesionaria e recibir a resposta de que non vai reanudar os servizos, o Concello solicita unha reunión de carácter urxente co responsable de mobilidade da Xunta para buscar solución a dita problemática.

15 dic 2020 / 13:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.