Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Baña unirá forzas con Vimianzo e Zas para plantar cara aos peches de Abanca

Dende o pleno barcalés apoiaron un manifesto lembrando o perxuizo para os maiores e rural

A Barcala. A Corporación da Baña consensuou e deu lectura ao manifesto en contra do peche da oficina de Abanca na localidade, un texto de rexeitamento, apoiado por todas as forzas políticas con presenza no Concello, é a primeira das accións que se levarán a cabo de xeito conxunto para evitar unha decisión que prexudicaría á veciñanza e á economía bañesa.

Porque ademais de solicitar unha entrevista cos responsábeis da entidade bancaria e animar á recollida de firmas no concello e comercios bañeses, o rexedor divulgará este xoves a polémica cos alcaldes de Vimianzo e Zas, tamén afectados polos peches das súas sucursales, nesta última localidade a mediodía.

O documento destaca que este peche deixa á veciñanza “sen ningún punto de atención para as súas xestións bancarias, ao non haber neste momento ningún outro banco que opere diariamente no territorio municipal”. E que a marcha de Abanca neste municipio o vindeiro 8 de setembro suporá, afirman os grupos municipais e BNG, un duro golpe especialmente para as persoas maiores e con menos destrezas dixitais.

Ademais, ao obrigar a desprazarse a quen desexe facer xestións presenciais, sairá tamén prexudicada a economía local, nomeadamente o comercio, hostalería e servizos.

O manifesto lémbralle a Abanca a responsabilidade social que herda das caixas de aforros, das que é sucesora, e do feito de que estas fosen rescatadas con diñeiro público antes de seren privatizadas. e o peche, apunta a declaración, “camiña xusto no sentido contrario ás políticas de recuperación do rural”.

E remata cunha máxima evidente: “Un rural sen servizos coma o bancario é un rural menos atractivo, máis empobrecido e cun futuro de moito peor prognóstico”. M.M.

13 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.